lunes. 09.06.2025

Aberto o prazo de solicitude de bolsas para a compra de material escolar

Tras a publicación no BOP, hoxe ábrese no Concello do Barco o prazo de presentación de solicitudes de bolsas para a compra de libros e material escolar de educación infantil para o curso 2018 - 2019. Entre os requisitos principais para ter dereito a estas axudas, os ingresos familiares terán que ser inferiores a 18.000 euros anuais/netos ou superando esa cantidade, que non exceda a R.P.C. da unidade familiar de 4.300 euros.

Calquera consulta ou aclaración en relación coas solicitudes ou documentación a presentar poderá facerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello do Barco. O prazo permanecerá aberto ate o 30 de xuño de 2018. As solicitudes presentaranse no rexistro de entrada do Concello do Barco de Valdeorras nos días hábiles, e en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou no rexistro electrónico do Concello do Barco no prazo sinalado.

Aberto o prazo de solicitude de bolsas para a compra de material escolar