jueves. 28.03.2024

Dende a mañá percorreron as diferentes poboacións do concello facendo realidade as ilusións dos máis pequenos

Os pobos pertencentes ao Concello de Vilariño de Conso recibiron a visita dos 3 Reis Magos de Oriente que teñen o permiso do Goberno Central para desprazarse por todo o territorio nacional con motivo desta data tan especial.

Ás 10:50 comezaba o periplo de Melchor, Gaspar e Baltasar polas diferentes aldeas do municipio, acudindo de mañá a Pradoalbar, Entrecinsa, Sabuguido, Soutogrande, Soutelo e A Veiguiña, todo elo a pesares do frío intenso que azota ao Macizo Central e que provocaba entre outras cousas que as primeras visitas fixéranse con temperaturas baixo cero.

Tras a comida, e a ocasión para entrar ao quente, ás Súas Maxestades de Oriente percorreron os núcleos de Mormentenlos, Castiñeira e Vilariño, que este ano se ben non acolle o acto principal dos reis debido a pandemia do Covid-19 foi un dos lugares donde máis cativos acoderon.

Esta noite ca visita os Reis Magos a todas as casas e a posterior apertura de agasallos na mañá do día 6, ponse punto e final a unhas navidades raras, onde por contra realizáronse actos en prácticamente todos os recunchos do concello co fin de incrementar o espíritu destas datas tan especiais.

Os Reis Magos percorreron o Concello de Vilariño