
Xose Lois Foxo, director da Real Banda de Gaitas destaca que o concerto do vindeiro día 7 será adicado a San Juan Pablo II
Este xoves o Campus Universitario de Ourense, situado no barrio das Lagunas, acolle un concerto moi especial a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, estando un ano máis a súa fronte Xose Lois Foxo.
O director recorda que perdura a tradición dende os inicios da Real Banda a hora de facer un concerto polo Nadal e Reis. Cada ano acoden unhas 2.000 persoas, pero este ano debido a pandemia o aforo quedará reducido a 200, optando dende a organización por retrasmitir o evento vía streaming para todos aqueles que non podan acudir.
«Ímoslle por cariño, dedicámosllo a San Juan Pablo II porque foi un amigo da Real Banda, polo que significou e significa adicámoslle esta lembranza» salientou Foxo.
Durante o concerto interpretaránse pezas da Égogla Ocarística, que compuso o director da Real Banda durante o confinamento dos meses de marzo e abril. A primeira canción será "O Gaiteiriño da Edrada" que versa sobre un gaiteiro de esa aldea de Vilariño de Conso que viaxou cego a Belén e regresou con vista.
O Cantar da Primavera, música da Idade Media, Muiñeira de Boitila ou Himno Galego formarán parte desta ópera. «Será unha mostra do traballo destes días por parte dos integrantes da banda» afirmou Xose Lois Foxo.
Se desexa escoitar todo o que salientou o director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, Xose Lois Foxo, pode facelo na seguinte ligazón: