viernes. 02.12.2022

O V Serán da Seitura de Manzaneda unha festa de música tradicional marcada polo calor e o agradecemento

O sol apretou  no Serán da Seitura de Manzaneda no que se rendeu homenaxe a Clotilde Salgado García, Consuelo López García e Sofía e Aquilino de Bidueira

Comezou o Serán da Seitura coa violinista María Rodríguez na presenza do busto da súa avoa; Ludivina Pérez Ricoi, a quen se lle rendeu homenaxe no 2019.

Tras a actuación de Clotilde e Consuelo de Bidueira, que pasaron moito calor, ouvíronse os acordeóns  de Airiños da Porta Falsa de Manzaneda.

somoscomarca_manzaneda_serandeseitura_2022
Acordeóns de Airiños da Porta Falsa de Manzaneda

Os regueifeiros Lupe Blanco e Kike Estévez , presentadores do acto, deron paso a Aquilino de Bidueira que deu as gracias a todos os asistentes e en especial a Foxo de quen dixo « Non sei se lle merecemos tanto bueno como trae este señor ao Serán da seitura». Foxo pola súa banda fixo mención a memoria de Aquilino e a súa paixón polo canto.

somoscomarca_manzaneda_serandeseitura_2022
O alcalde de Manzaneda faille entrega do diploma ao homenaxeado, Aquilino de Bidueira

Non faltou a cita Jacinta de Lentelláis cos seus cantos. Logo a quenda foi para o Grupo A Pinguela de Manzaneda que co grupo de baile fixeron erguer ao público das cadeiras, sobre todo as máis pequechiñas.

Blandina de Cotarós, Fiuca e Digna de Trives e Rogelio da aceveda, en xeral todas as cantoras e os cantores agradeceron a Foxo o que estaba a facer polos vellos cancioneiros.

somoscomarca_manzaneda_serandeseitura_2022
Pastoras de Santa Baia de Montes. Directora Basilisa Sotelo

As Cantareiras da Real Banda e a Real Xuvenil pecharon esta quinta edición dos Serán de Seitura de Manzaneda, despois que actuaran as Pastoras de Santa Baia de Montes. Directora Basilisa Sotelo

O V Serán da Seitura de Manzaneda unha festa de música tradicional marcada polo calor e...