viernes. 29.03.2024
Terras de Trives

O Serán da Seitura encheu a igrexa de Manzaneda

A obra de José Luis Foxo «Cancioneiro da Seitura Manzaneda e Terras de Trives» presentábase neste acto

A igrexa de Manzaneda acollía o II Serán da Seitura, memorial Ludivina Pérez Ricoi pasadas as seis da tarde, do 27 de xullo.  José Luis Foxo actuou de mestre de cerimonias e as primeiras palabras, como non podían ser doutro xeito, foron para Ludivina. Respecto o traballo que se presentaba subliñou: «É un humilde homenaxe a sensibilidade, A todos os que nos abriron as súas portas». Tamén significou que: «A filosofía é salvar do esquecemento esta cultura, a cultura da seitura. Esa música carismática que cantaba Luduvina». Unha música feita para tres versos que  quere poñer en valor, aínda que forme parte do pasado.

Esta é a presentación de Foxo:

O primeiro banco ocupado polas cantareiras

No acto estiveron presentes o alcalde de Manzaneda, anfitrión deste Serán da Seitura Amable Fernández; a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez; e o concelleiro do Parlamento Galego, Davide Rodríguez.

A gaiteira Nadia

Vázquez, quen representará a Galicia no festival intercéltico de Lorient, na

Bretaña francesa, foi quen iniciou a ronda da música. Despois actuou Blandina

de Cotarós que levantou ó público das bancadas co seu canto de Seitura. A de

Cotarós comezou a actuación así:

Tras Blandina veu a quenda  para Aquilino de Bidueira quen canta mentres a súa dona lle da a réplica e que nesta ocasión non puido estar por razóns de saúde. Este foi o canto de Aquilino:

Clotilde e Consuelo de Placín era a seguinte presentación de  Foxo., quen dixo que o acolleran vai 20 anos dunha maneira «fantástica». Clotilde e Consuelo recordaron a memoria de Coroa, outra das cantareiras de Placín que xa finou. Este foi un anaco da súa actuación.

Dorinda de Pradolongo, con 98 non deixou aos ouvintes sen os seus fermosos veros cantado. En maio do pasado ano era homenaxeada polo Filandón. Esta é unha pequena parte do seu cantar:

Logo foi o tempo de Digna e Fiuca de Trives cuxo cantar foi este:

 Jacinta de Lentellais antes de ofrecer o seu cante explicou cun mañizo de trigo e unha fouce na outra como se chamaban as diferentes partes desta.  Pecharon este II Serán de Seitura a neta de Ludivina, María Rodríguez cunha peza tocada co seu violín; e un grupo de catro acordeonistas.

Exemplares a porta da igrexa de Manzaneda

Ao remate firma

de exemplares por parte do seu autor José Luis Foxo.

O Serán da Seitura encheu a igrexa de Manzaneda