jueves. 21.09.2023
somoscomarca-amablefernandez-manzaneda-voto-elecciones-2023-05-28
O PSOE de Manzaneda recupera un concelleiro

Aínda que se sabía desde aquela mesma noite —a do 28 de maio— houbo que esperar a que onte se reunira a Xunta Electoral Central para subsanar o erro cometido no «volcado» de datos.

O reconto de datos foi correcto pero a hora de recibilos ou mandalos houbo unha confusón nunha das mesas, e os que eran do PSOE pasaron ao PP e viceversa.

Dos 739 electores censados no concello de Manzaneda exerceron o dereito ao voto 614, máis dun un 83%. Agora xa co reconto correcto os resultados son os seguintes: O PSOE acadou 396 —trescentos e noventa e seis— e o PP  197 —cento e noventa e sete—, 15 foron nulos e 6 en branco. O Concello de Manzaneda estará gobernado por Amable Fernández durante catro anos máis, cos 5 concelleiros do PSOE e 2 do PP.

O alcalde en funcións e gañador destes comicios case polo dobre de votos, Amable Fernández, sinalou a Somos Comarca: «O resultado foi extraordinario para o noso grupo. É unha satisfacción enorme notar o respaldo masivo dos nosos veciños e veciñas despois destes catro anos de duro traballo».

Persoalmente amable está agradecido pola confianza das xentes de Manzaneda que así o expresaron co seu voto. «O primeiro do que me sinto orgulloso é da gran participación que tivemos, como sempre no noso concello, superando o oitenta por cento. A verdade é que cando ves os resultados e ves a gran participación que tivemos aínda te fai estar máis contento», resaltou.

«Son uns resultados rotundos que nos leva a enfocar os catro vindeiros anos con máis ilusión e ganas de traballar, se iso é posible. Porque estes últimos catro anos foron duros para todos», subliñou.

Non quixo o alcalde en funcións deixar de mencionar a pandemia ou a guerra de Ucraína e o sufrimento que supuxo para o seu concello. «Esperamos que non teñamos que pasar  por nada semellante e que podamos dedicarnos exclusivamente a traballar polo concello e a súa xente que é o que realmente nos queremos». Concluíu cun «grazas a todos».

O PSOE de Manzaneda recupera un concelleiro