sábado. 31.05.2025

A música e a tradición unen a distintas xeracións en Manzaneda

O sol apretou no VII Serán da Seitura de Manzaneda na memoria de Ludivina Pérez Ricoi e no que se lle rendeu unha homenaxe póstuma a Clotilde Salgado García

A música reviviu recordos e fixo brotar fortes emocións na praza da Igualdade de Manzaneda. O evento, presentado por Montse Estévez, comezaba ás 19:30 horas coa ofrenda ante o monumento de Ludivina Pérez Ricoi e unha homenaxe póstuma a Clotilde Salgado García. As súas fillas foron as encargadas de subir ó escenario, onde Amable Fernández, alcalde de Manzaneda, fixolles entrega dun ramo de flores e recibiron un gran aplauso de todos os asistentes.

somoscomarca_20240727_manzaneda_serandaseitura (7)
Fillas e familia de Clotilde Salgado García

A partir de aí as actuacións comenzaban coa violinista, e neta de Ludivina, Candela Rodríguez, de Jacinta Fernández de Lentellais, do grupo A Pinguela de Manzaneda cos seus bailes tradicionais, Fiuca de Trives, Blandina de Cotarós, as Cantareiras da Real Xuvenil e Digna de Vilanova.

somoscomarca_20240727_manzaneda_serandaseitura (10)
Candela Rodríguez e Florentino

Neste punto chegou o momento máis emotivo da xornada coa actuación improvisada, dende a súa cadeira e con Xosé Lois Foxo ao seu carón, de Consuelo López de Bidueira, compañeira inseparable nas edicións anteriores de Clotilde, e que cos seus 94 anos deleitou e emocionou a todos os alí presentes.

O programa continuou co grupo de Acordeóns de Airiños da Porta Falsa de Manzaneda, que interpretaron duas pezas. Unha delas, "O Galo", foi acampañada coas palmas por todos os espectadores. A continuación tocoulle a quenda a Rogelio de Aceveda, e pecharon o Serán o gaiteiro Oscar Ibáñez, que este ano cumpre dúas décadas encima dos escenarios, e a Real Xuvenil.

somoscomarca_20240727_manzaneda_serandaseitura (30)
Oscar Ibáñez

 

A música e a tradición unen a distintas xeracións en Manzaneda