
Onte dábase o pistoletazo de saída ao programa de actividades do mes de xullo da peza 4 «Festas Mutantes» dentro do «Laboratorio mutante para a ecoloxía dos saberes»
Comezouse pasadas ás 12 do mediodía co pasarrúas polos bares de Manzaneda coa actuación de «As da Quinchousa Oscura» e «As Fabulosas», para logo percorrer o camiño de Manzaneda a Pumbariños.

Unha romaría e foliada á sombra dos castiñeiros senlleiros e foliada no« Monumento Natural Souto de Rozavales», serviu para comer, bailar e desfrutar da contorna única. Cada un levou a súa merenda que, coma non, compartida cos que alí foron.

As actividades enmárcanse dentro do laboratorio mutante promovido por Outonía S. Coop Galega e coa colaboración do Concello de Manzaneda para rematar cunha romaría,

A Praza da Deputación, Manzaneda acolle hoxe domingo, 9 de xuños «A Muralla e o Corpo», as 19:30 horas, narración oral a cargo de Alba de Vales «Contos da terra» e as 21:00 horas narración oral a cargo de Atenea García «Vicio houbo sempre».

O luns, 10 de xullo, a segunda parte da «A Muralla e o Corpo». As 18:00 horas, obradoiro de danza para todos os públicos con Nuria Sotelo-
O 14 de xullo, «Recuperar os Comúns, poesía, contos, unha arpa e moitas risas (As Ermidas)». As 20:00 horas, María da Pontragha e Bleuenn le Friec «contos entre cordas». E ás 21:00 horas Aldaolado «O Benquererse».
