
O candidato á alcaldía por Son de Manzaneda, Félix Domínguez, aposta pola implicación do Concello na xestión do territorio con propotas concretas que encabezan o seu programa electoral
Un rabaño municipal de ovino e caprino, xestionado polo Concello. Ésta é unha das ideas máis chamativas do programa electoral do actual alcade de Manzaneda, Félix Domínguez, que opta de novo a alcaldía do municipio por Son de Manzaneda, nas vindeiras eleccións do 26 de mayo. «Hai outras comunidades autónomas que o teñen feito e funciona ben, fumos a un concello de Zamora a ver un de xestión municipal, con 500 hectáreas de monte mancomún e polo que vimos, cremos que é unha boa iniciativa», asegura Domínguez.
A esta innovadora idea, únese a realización dunha reestructuración parcelaria de carácter público, por iniciativa tamén do Concello, e que xa conta co respaldo das persoas que son titulares das parcelas. «Son en total 837 hectáreas e preto de 11.300 parcelas; Red Natura xa está valorando o estudo de impacto medioambiental, nós vamos a seguir puxando para que se faga realidade», conta o actual alcalde do concello.
Fai algo menos de tres anos, Félix Dominguez adquiría o bastón de mando do Concello de Manzaneda, tras a marcha de David Rodríguez, o anterior rexidor. O listón, naquel momento «quedaba moi alto» según apuntaba Domínguez, «pero penso que cumprimos co programa e co obxectivo destes catro anos; nos presentamos co aval de ter feito máis do 80% do que prometimos en 2015», explica.
Un dos proxectos dos que se sinte especialmente orgulloso o rexidor de Manzaneda e «o de Eficiencia Enerxética na residencia da terceira edade, no que se invertiron 725.000 euros para cambiar caldeiras de gasoil por caldeiras de pellets, e instalar un sistema de refrixeración. Agora queremos facelo no colexio público, así vai no programa».
Cas ideas claras, así o expresa o cabeza de lista de Son de Manzaneda, e co aval dos veciños ante as cousas ben feitas, se presenta Félix Dominguez á reelección nos próximos comicios, esperando obter o apoio necesario da xente.
Para escoitar a entrevista completa a Félix Domínguez, candidato á alcaldía por Son de Manzaneda, faga clic na seguinte ligazón: