
O PSdeG-PSOE de Ourense prosegue co seu percorrido de campaña electoral de cara as eleccións europeas que se celebrarán o vindeiro 9 de xuño. Desta vez a candidatura socialista visitou Manzaneda, Castro Caldelas e Allariz para reivindicar a necesidade de que Europa se comprometa na recuperación das zonas BIC dos concellos do rural e tamén para impulsar o patrimonio histórico na nosa provincia a través de fondos europeos.
A candidata do PSdeG-PSOE de Ourense, Lorena Guerra Vigo, acompañada polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino; a deputada, Marga Martín; e por outros cargos orgánicos do partido na provincia visitou pola mañá o municipio de Manzaneda, onde estiveron acompañados polo alcalde socialista, Amable Fernández. Durante a visita aproveitaron para escoitar as demandas do rexedor e para reclamar que Europa debe comprometerse coa recuperación das zonas BIC destes pequenos concellos, a través de fondos que permitan pór en valor zonas de importancia, como a vila medieval de Manzaneda.
"O patrimonio histórico é un tesouro que reflexa a diversidade e esta intimamente relacionado coa propia identidade da Unión Europea", destacou a Guerra Vigo, que tamén fixo fincapé en que "estamos a falar dunha ponte entre o pasado e o futuro, tanto a nivel patrimonial, arquitectónico e cultural, polo que debemos apostar pola súa posta en valor e conservación".
O PSOE impulsará a iniciativa Nova Bauhaus Europea, co gaio de mellorar a calidade da contorna construída nos conxuntos históricos e patrimoniais, facilitando o recoñecemento europeo dos sinalados destinos ourensáns. Ademais, promoverá a incorporación das singularidades patrimoniais destes concellos no Selo Europeo do Patrimonio, coa finalidade de incentivar visitas que potenciar o coñecemento da historia, da cultura e dos valores europeos dos devanditos territorios.
A caravana electoral socialista fixo parada tamén en Castro Caldelas, onde a candidatura socialista, na compaña da alcaldesa, Sara Inés Vega, e compañeiros do grupo municipal, participaron nun reparto informativo polas rúas da vila para explicar as principais propostas do partido nas próximas eleccións europeas.