lunes. 09.06.2025

Andaina solidaria "Terra da Castaña, Ribeira da Montaña" de Manzaneda

Organizada polo Concello de Manzaneda a favor dos afectados pola DANA 
p_somoscomarca_20241110_manzaneda_rozavales_castiñeiropumbariños (5)

A choiva foi a protagonista e só os máis valentes, con paraugas en man, atrevéronse a sair da casa. O punto de encontro foi  a Praza do Concello ás 11.00 horas deste domingo 11 de novembro.  A partir de aí os asistentes comenzaron unha visita interpretativa pola Vila Medieval de Manzaneda.

somoscomarca_manzaneda_panoramicas_calles_iglesia_portadavila_ ruadaigrexa_2022(5)

A visita continuo cun paseo circular ao Monumento Natural do Souto de Rozavales, coa visita obligada ao Castiñeiro de Pumbariños, onde os asistentes gozaron da paisaxe e das cores outonales, que visten de maxia esta contorna e que a ningén lle pasou despercebida. 

somoscomarca_20241110_manzaneda_rozavales_castiñeiropumbariños (2)

Despois da parada obligada para comer e repoñer forzas, en dierentes establecementos da Vila, volvéronse a encontar na Praza do Concello para realizar o paseo circular de 3,50 km.

somoscomarca_20241110_manzaneda_rozavales_castiñeiropumbariños (3)

Así, ás 16.00 h, partian a zona de viñedos de Seoane con panorámicas as viñas en socalcos do Val do Bibei e da Ladeira de A Mata. A hora estimada de regreso deste paseo será ás 17.30 h.

somoscomarca_2024110_manzaneda_panoramica_macizocentral_otoño

O donativo para a inscrición foi de 10 €/participante, que se recolleo por cada persoa inscrita ao inicio da andaina. O Concello aportará a mesma cantidade económica que se consiga recaudar coas aportacións das e dos participantes.

Andaina solidaria "Terra da Castaña, Ribeira da Montaña" de Manzaneda