jueves. 28.03.2024
OU636 a su paso por Larouco
Obras de mellora e accesibilidade na OU-536 ao seu paso por Larouco

 Xunta adxudicou por máis de 48.000 euros as obras de mellora da seguridade e da accesibilidade da estrada OU-636 en Larouco. A intervención, adxudicada á empresa Aglomerados Valdeorras S.A, comezará a principios do vindeiro ano e terá un prazo de execución de 4 meses.

As obras desenvolveranse na estrada OU-636 ao seu paso polos núcleos de Larouco e da Caseta. Executaranse cunetas transitables que conecten coas beirarrúas existentes e adecuaranse aos requisitos de accesibilidade os pasos peonís actuais.

No núcleo de Larouco proxéctanse tres tramos de cuneta transitable de formigón armado que suman unha lonxitude de 190 metros e conectarán coas beirarrúas actuais.

Tamén se reforzará a accesibilidade nos pasos de peóns, dotando as beirarrúas de tramos en rampla e baldosas podotáctiles, ampliando a súa anchura nestes puntos para evitar o aparcamento na aproximación ao paso e mellorar a visibilidade.

No núcleo da Caseta executaranse dous tramos de senda-cuneta entre os puntos quilométricos 19+850 e 19+910.

A Xunta continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas, seguras e eficientes.

Obras de mellora da seguridade viaria e accesibilidade na OU-636 en Larouco