sábado. 10.12.2022
Visita a unha adega de Larouco do conselleiro de Medio Rural
Visita a unha adega de Larouco do conselleiro de Medio Rural

A Xunta achegará 3,5 millóns de euros nos dous próximos anos para apoiar a mellora da elaboración e comercialización do viño galego

Acompañado pola alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, o conselleiro do Medio Rural, José González, visitou as instalacións da adega Luar do Sil , onde se transforma anualmente arredor de 117 toneladas de uva godello, colleitadas nunha superficie de viñedo dunhas 13 hectáreas.

Durante o seu paso pola adega, o conselleiro anunciou que o sector vitivinícola galego disporá de axudas por importe de 3,5 millóns de euros no período 2020-2021, para mellorar as súas instalacións de elaboración e comercialización. Este é o orzamento da próxima convocatoria destas achegas, que sairá publicada proximamente no Diario Oficial de Galicia (DOG).



O conselleiro destacou que estas subvencións súmanse ás recentemente convocadas para promoción do viño galego en países fóra da Unión Europea e que aínda se poden solicitar ata o próximo día 14 de xaneiro. José González destacou que o importe total de ambas as liñas suma 5,6 millóns de euros.Nesta mesma liña, o titular de Medio Rural situou a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas galegas, que impulsa a Xunta e que coordina a Fundación Juana de Vega, dotada cun orzamento de 750.000 euros.

O conselleiro de Medio Rural anuncia nunha adega de Larouco axudas ó sector vitivinícola