martes. 01.07.2025

O Paseo do Malecón inúndase de letras e música en homenaxe a Luísa Villalta

Por mor da choiva aprazouse esta mostra na que participaron cinco colexios e dous institutos polo Día das Letras Galegas

O Paseo do Malecón do Barco está por fin adornado coas diferentes composicións de letras e motivos musicais que elaboraron estudantes de cinco colexios sobre Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano no Día das Letras Galegas

Por mor da choiva aprazouse a colocación dos adornos, pero dende hoxe 20 de maio xa se poden visitar. Os colexios participantes foron o CEIP Julio Gurriarán; o CEIP Condesa de Fenosa; CEIP Ramón Otero Pedraio de Viloira; CEIP Virxe do Camiño de Rubiá; e o CEIP Divina Pastora; e os institutos IES Martaguisela e IES Lauro Olmo.

O Paseo do Malecón inúndase de letras e música en homenaxe a Luísa Villalta