martes. 01.07.2025

Menuda tropa: así celebraron o Día das Letras Galegas os pequenos barquenses

Este ano Luísa Villalta Gómez —escritora, filóloga e violinista coruñesa— é a homenaxeada deste día tan especial para Galicia

somoscomarca_20240416_viloira_oteropedrayo_letrasgalegas (2)
Menuda tropa: así celebraron o Día das Letras Galegas os pequenos barquenses

O día 16 foi o elixido para celebrar o Día das Letras Galegas nos CEIP Condesa de Fenosa, Julio Gurriarán e Ramón Otero Pedrayo (Viloira). Pero, que é exactamente esta celebración?

Esta é unha data de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria, homenaxeando a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria ou defensa do idioma galego non sendo obrigatorio ser nativo da comunidade.

Nesta ocasión, a homenaxeada é Luísa Villalta que foi unha escritora, filóloga e violinista coruñesa. Como non, será a protagonista de todas as actividades propostas por estes centros educativos. 

CEIP Condesa de Fenosa

Juan Cotarelo, coordinador do equipo de Dinamización da Lingua Galega, explica polo miúdo como vai ser este día. Dende o centro teñen preparadas varias actividades, «a maiores das que fai cada titor na súa aula». 

A véspera do gran día «teremos unha pequena performance na que participará todo o centro», asegura. No caso de que a choiva o permita, «sairemos o patio para montar un puzzle xigante de Luisa Villalta do conto "Sempre Infinita"», engade o profesor. Cada aula levará unha peza e irano montando. Se o tempo non acompaña, «farémolo no pavillón, o caso é celebralo». 

As pezas que se empregarán conforman unha «imaxe representativa que eliximos. Por detrás escribimos versos ou cousas representativas da biografía da homenaxeada», comenta o coordinador. 

Cando xa estea todo montado, «por niveis iremos recitando versos de Luisa Villalta. No caso os de primeiro e segundo ciclo, teñen a idea de recitar o himno galego». Dende o centro non se esquecen dos máis pequenos. Eles «axudarán a recitar o que se saiban do himno». A maiores «contaremos algo da biografía da autora. Mesturemos Letras Galegas, Galicia e Luisa Villalta», conclúe Cotarelo. 

Por mor do mal tempo, o CEIP Condesa Fenosa tivo que aprazar esta celebración para o luns 20 de maio. 

CEIP Ramón Otero Pedrayo

Reme Arias, directora do centro, é a encargada de contar as actividades que se estiveron facendo dende o Otero Pedrayo de Viloira para que os máis pequenos desfruten deste día. «Nas aulas traballaron moito todo o relacionado coas Letras Galegas». Fixeron dende marcadores, biografías ou murais. 

A maiores disto, polo día grande —por mor de ser festivo trasládano o 16—, «teremos un festival de baile galego», asegura Arias. Os alumnos de infantil ata terceiro de primaria terán un baile. No caso dos máis maiores, «os de cuarto unha muiñeira de Lugo. O alumnado de quinto a muiñeira de Buxos Verdes e xa os de sexto muiñeira de molete». Este espectáculo comezará ás 13:00 «para que os pais podan asistir». 

somoscomarca_20240416_viloira_oteropedrayo_letrasgalegas (4)

Outros anos, con mellor tempo, a celebración tiña lugar na praza de Viloira. Como nesta ocasión hai previsión de chuvias «farémolo no interior do ximnasio. Témolo que celebrar de algunha maneira», comenta entre risas a directora. 

somoscomarca_20240416_viloira_oteropedrayo_letrasgalegas (3)

Esta non será a única conmemoración deste día. A causa do mal tempo, dende o Otero Pedrayo non celebraran a Festa dos Maios. Entón «cantaremos as coplas. De feito, deixamos os dous maios no patio esperando este día. Hoxe os pais vanos engalanar para celebralo». 

CEIP Julio Gurriarán

Mari Carmen Núñez es la coordinadora de Dinamización da Lingua Galega no CEIP Julio Gurriarán. Pola súa parte móstrase ilusionada con celebrar este Día das Letras Galegas de Luisa Villalta. «É unha data que se debe reivindicar todos os anos», asegura. 

Dende o centro «estamos traballando na elaboración dun mural na fachada no colexio. Está formado por elementos no que a xente xa traballou entorno a homenaxeada». Nesta creación figurarán nomes de «títulos das obras de Luisa Villalta e a súa paixón pola música», explica Núñez. Dende este 16 de maio poderase observar esta obra. 

Con motivo desta data, farase unha «exposición de fotografías relacionadas coa poesía da autora», engade. O alumnado realizou fotografías tendo como referencia uns versos de Villalta. Destas imaxes seleccionáronse «varias, como no resto de colexios, para mandar o Centro Comercial Aberto e expoñelos nos escaparates».

Menuda tropa: así celebraron o Día das Letras Galegas os pequenos barquenses