domingo. 01.06.2025

Os perigos da internet para menores centran as charlas no colexio Ramón Otero Pedrayo (Viloira)

O ciberacoso, os perigos dos videoxogos e a protección de datos temas prioritarios presentados pola Garda Civil dentro Plan Director 

P_somoscomarca_241113_obarco_viloira_oteropedrayo_charla_guardiacivil689

O colexio Ramón Otero Pedrayo de Viloira acolleu a primeira das charlas sobre protección de datos, ciberacoso e perigros dos videoxogos enmarcados no Plan Director. Este é un proxecto impulsado polo Goberno de España en colaboración coa Consellería de Educación que abarca centros educativos de toda Galicia.

Silvia Fernández, profesora do colexio, explicou que «serán dúas ou tres charlas». A maiores, sinalou que estas actividades están adaptadas ao alumnado de quinto e sexto de primaria, así como a todos os niveis da ESO, co obxectivo de que o contido sexa relevante e adecuado para cada idade.

Por outra banda, Marcos Fernández, membro da Garda Civil e encargado de impartir as charlas, comentou que o foco das intervencións está nos riscos de acoso, ciberacoso e adiccións en liña —ou doutra clase nos máis maiores—, pois «os nenos teñen cada vez máis acceso a internet e moitas veces menten para poder ter perfís nas redes sociais».

Estas charlas foron solicitadas —a Subdelegación do Goberno e Consellería de Educación—, pola maioría dos centros educativos da zona, o que reflicte unha crecente preocupación sobre o impacto de internet e as redes sociais na vida dos menores. 

Os perigos da internet para menores centran as charlas no colexio Ramón Otero Pedrayo...