sábado. 20.04.2024

Consumópolis é un certame escolar impulsado dende a Xunta de Galicia para aprender sobre un consumo responsable dos bens do planeta

O Instituto Cosme López da Rúa foi premiado na 16ª edición de Consumópolis. Un certame escolar impulsado dende a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego do Consumo e Competencia xunto a Consellería de Educación.

Un total de 5 centros galegos lograron recoñecementos dentro das 3 categorías que establece a iniciativa, entre eles o instituto rués. En total participaron 572 alumnos e alumnas da comunidade dentro dun concurso que levou por título "Consumópolis-16: Coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste?"

O seu obxectivo principal baseouse no fomento dun consumo responsable entre os máis novos, a través dun percorrido pola cidade virtual de Consumópolis. Os equipos deberon estar formados por cinco alumnos ou alumnas respectando a paridade e cada equipo tivo que elaborar unha memoria do seu paso polo concurso ao remate das probas virtuais.

Na categoría dirixida ao alumnado de 3º e 4º curso de ESO ou de Formación Profesional Básica, o primeiro premio recaeu tamén no IES Maximino Romero de Lema, sendo o segundo para os estudantes do IES Cosme López Rodríguez, da Rúa, e o terceiro para os do IES de Vilamarín. En tota opremio ascende a 600 euros.

O IES Cosme López segundo premio no concurso Consumópolis