jueves. 28.03.2024
Erizos y castañas recogida en el soto
Erizos y castañas recogida en el soto

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, informou hoxe ao sector dos cambios introducidos na Mesa da Castaña para fomentar o produto amparado pola indicación xeográfica protexida (IXP) Castaña de Galicia e as variedades autóctonas.

Estes cambios -reflectidos na orde da Consellería do Medio Rural que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) para modificar a orde precedente pola que se creaba esa Mesa e se regulaba a súa organización, funcionamento e composición- derívanse do maior peso que se lle dará á Axencia Galega da Calidade Alimentaria neste órgano consultivo e asesor.

En concreto, no encontro de hoxe tratáronse as modificacións introducidas esencialmente en relación á composición da Mesa da Castaña. Todo co gallo de dirixir máis claramente a súa actuación aos aspectos relacionados coa produción e coa comercialización, co obxectivo de consolidar o sector como líder a nivel nacional. 

Na xuntanza, o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria tamén presentou o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña, enmarcado no Plan Forestal 2021-2040 e nas recomendacións da Comisión de Política Forestal do Parlamento galego, cun investimento previsto de case 22 millóns de euros ata o ano 2025.

Cun total de 36 actuacións integradas en cinco eixes de intervención coas que se busca implicar a todos os elos da cadea de valor, José Luis Cabarcos recordou que o plan persegue recuperar unhas 8.000 hectáreas de soutos e plantar outras 16.000 hectáreas máis -para a produción de madeira e de froito- no horizonte do 2040, con vistas a acadar a máxima xeración de valor engadido vinculado ao cultivo do castiñeiro.

Canto ás novas axudas que está a tramitar a Consellería do Medio Rural, o director apuntou que incidirán no aumento de plantacións de castiñeiro para froito e na recuperación de soutos tradicionais.

Cómpre engadir que a superficie actual de castiñeiro en Galicia supera as 49.000 hectáreas, cunha produción media nos últimos anos próxima aos 20 millóns de quilogramos e un valor duns 20 millóns de euros pagados aos produtores e de 50 millóns en produtos transformados.

A Xunta impulsa a producción amparada pola IXP da Castaña