lunes 29/11/21

A empresa Sergal, sita na Praza do Príncipe do Barco, leva máis de 10 anos sendo referencia en bioseguridade e control de plagas. José Antonio Quiroga, o seu gerente, explica o cambio recente de domicilio debido á necesidade de espazo que a empresa acusaba dende fai tempo. Agora, según explica, atópase nun lugar «máis céntrico, máis amplio e máis cercano a todo».

Somos Comarca: ¿Qué tipo de plagas controlades e con qué métodos?

JA: Contrólanse plagas de todos tipo, múridos, arácnidos, artrópodos, etc. Sergal posúe unha certificación europea sobre control de plagas, somos a única empresa en Galicia que ten esta certificación, a primeira de España e a cuarta de Europa en poder obtela. É a que nos obriga a sempre priorizar métodos físicos antes que químicos. É dicir, trátase de facer un traballo sostible protexiendo ao máximo ao medio ambiente.

SC: Fai unhas semanas sabíamos, polos medios de comunicación, da extensión da plaga da procesionaria aquí en Valdeorras. ¿As altas temperaturas favorecen a súa aparición?

JA: Nin favorecen nin desfavorecen, eu creo que o que fixeron foi adiantar o ciclo biolóxico da especie, nada máis. Agora mesmo temos varios tipos de plagas que sobresalen sobre o resto, que son son múridos ou ratos, cucarachas, termitas, carcoma ou tamén chamada a polilla da madeira, procesionaria do pico, a altica do roble e a avispilla do castaño. A procesionaria é un tema que aquí lle demos pouca importancia, en outras comunidades se lle da moita máis importancia, e se fan tratamentos masivos e aéreos.

SC: ¿Cal é a plaga que máis tratades na comarca?

JA: En general, en casi todas o que máis se está tratando, son as especies máis comunes como ratas, cucarachas e palomas.

SC: Sergal adheriuse recentemente a un pacto mundial da organización das Nacións Unidas…

JA: Nós entramos nun programa da Xunta sobre Responsabilidad Social Corporativa, RSC, onde se pretendía que as empresas que temos inquietude polo medio ambiente e polas relacións tanto cos empregados internos e empregados externos, como con entes que nos rodean, se nos deran nocións sobre a RSC empresarial. En Galicia fumos das poucas empresas que non sólo a implementamos senón que a certificamos.

SC: Sodes, entón, unha empresa comprometida co entorno social, ambiental, económico...

JA: Obviamente. Nós cando se empezou, a nosa filosofía comezou por unha norma de calidade que é a 9.001, de Medio Ambiente. Estábamos protexendo os bens dos nosos clientes e o noso entorno. Dende Sergal entendemos que o entorno non é noso, que é de futuras generacións, nos érdamolo dos nosos país e avós, e temos a obriga de devolverllo aos nosos fillos da mesma maneira. Entón metimos a 14.001.

Pero entendíamos que non tiñamos un ciclo completado, por iso fomos á 18.0001, seguridade e protección laboral. De tal maneira que estabamos protexendo os bens dos nosos clientes, o medio ambiente, e aos nosos empregados. Tiñan formación para non sugrir riscos innecesarios e que non haxa accidentes na execución das súas labores diarias. E finalmente entendimos que tíñamos que ir un pouco máis alá, e por eso traballamos a RSC.

SC: É importante que este tipo de empresas teña ese compromiso, non só cos seus traballadores e intereses, senón tamén cos intereses do planeta.

JA: Esa é a razón de adherirnos ao Pacto Mundial, protexer ao planeta. Estamos aquí de paso e debemos permitir que as xeracións vindeiras poidan seguir disfrutando do que nós agora mesmo temos.

SC: ¿Qué servicios fitosanitarios ofrecedes?

JA: Dende o ano pasado temos unha autorización máis, que é como empresa de productos fitosanitarios. Entendemos que Valdeorras ten unha ideosincracia especial xa que a xente, ou ten unha idade que xa non lles permite facer certos tratamentos en viñedos, ou non teñen os carnets necesarios, ou simplemente non teñen o tempo ou non lles apetece. Pode pasar que algunha empresa non esté disposta a facer unha inversión en maquinaria e demáis, e como en Sergal xa tiñamos algunha maquinaria e adquirimos máis, pensamos que podíamos ofertar ese servicio de tratamentos en viñedos.

Sergal ofrece o servicio, o asesoramento de cómo facelo, e temos dúas vertientes: nós vamos e facemos o tratamento contra aquelo que nese momento haxa, cos nosos productos, ou o propio cliente nos facilita o producto específico que quere usar. E nós simplemente o aplicamos.

J.A. Quiroga: «Sergal é unha empresa comprometida co medio ambiente»