jueves. 28.03.2024
foxo

Xose Lois Foxo director da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense salientou que é moi importante manter a cultura tradicional do rural

O Verán de Seitura e o Certáme Celtibérico de gaitas regresan a Cabeza Grande de Manzaneda os vindeiros días 31 de xullo e 1 de agosto. Este evento servirá para manter a tradición da cultura tradicional da alta montaña ourensá e galega. O seu organizador Xose Lois Foxo resalta a ledicia por volver a retomar o evento que se leva a cabo dende máis de 30 anos. «Estamos ca ilusión de poder retomalo con forza» subliñou o director da Real Banda de Gaitas.

No 2020 antes da chegada da pandemia fixeron unha primera fase do certáme en Vilariño de Conso. Tras a chegada da Covid a localidade de San Xoán de Río acolleu varias mostras sobre a seitura e a cultura da zona. Para Foxo era importante que os actos volveran a Manzaneda.

O 31 de xullo ademáis organizaráse un acto na honra de Luzdivina Pérez Ricoy onde se inaugurará unha estatua da cantaora de Paradela pero que creceu en Manzaneda que servirá para recordar a todas esas cantareiras que foron transmitindo a cultura de forma oral durante xeracións.

«É importante honrar a xente que mantivo viva ao largo da súa vida os cantares de seitura que son tan antigos como os nomes dos pobos. Luzdivina preservou os cantares» detallou o director da Real Banda que a súa vez recordou que todas as pezas musicais consérvanse grazas ao seu traballo polos diferentes pobos.

De cara a preparación do evento, Foxo aclarou que é ao aire libre e sempre se respetan as diferentes distancias de seguridade entre os participantes nun recinto, o de competición dos gaiteiros que considera único.

O vindeiro 11 de setembro realizaráse a 4ª Feira Medieval en O Bolo. Para Xose Lois Foxo este municipio conta con monumentos únicos onde divulgar a cultura tradicional como o Santuario das Ermitas ou o castelo. O director da Real Banda de Gaitas está preparando un cancioneiro con cantares falando entre outros da figura de Doña Urraca, filla do rei de Castela Alfonso VI e que conta a lenda que residiu alí no século XI.

Foxo afirmou que os eventos dan vida a cultura de Galicia e tamén aos pobos. Por elo nestes momentos de parón é importante recuperalos. «A ver si a sorte nos acompaña e remite a peste. Todos sabemos que o mundo rural está triste porque apenas quedan nenos. Os pueblos necesitan estas actividades danlle vida, eu en Santiago digo que non só existe Compostela, senon que é importante mirar o mundo rural porque vemos que están despoboados e necesitan darlle vida. As recolleitas de cancioneiros que facemos son para evitar o olvido da cultura».

Xose Lois Foxo: «É importante mirar para o mundo rural»