sábado. 07.06.2025

Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

Convócanse este ano un total de 30 millóns de euros en axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios
somoscomarca_obarco_vendimia_viñaredo_santamarta_tractor_2021 (4)
Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería do Medio Rural pola que se convocan este ano un total de 30 millóns de euros en axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. Estas achegas están cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Así, a orde busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consistirán en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos consistirán en garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.

O prazo de presentación de solicitudes para subvencións desta convocatoria será dun mes contado a partir do seis de xaneiro, día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Mentres, o prazo para solicitar préstamos garantidos finalizará o 29 de marzo deste ano.

Porén, os solicitantes terán un prazo de tres meses para presentar a preceptiva licenza de obras no caso de que o investimento inclúa a construción de novas superficies cubertas ou a ampliación das existentes.

Poden optar a estas achegas os empresarios individuais ou sociedades que realicen actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables.

Axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios