Máis de 50 moteiros e viaxeiros participan na novena edición da Ruta Galifornia. Aproveitando que este ano San Xoán de Río e A Pobra de Trives son Capital Española de Montañas 2024, reuníronse en Trives para percorrer esta terra e desfrutar dos seus paisaxes e do seu patrimonio cultural e gastronómico.
Dese punto partiron, e fixeron parada en Vilariño de Conso, O Pai Eterno, Porto, Centro Astronómico de Trevinca, A Veiga, Ponte Romana do Bibei e Castiñeiro (San Xoán de Río), para voltar a Trives.
Nesta edición a Ruta conta cunha participación especial, co moteiro e viaxeiro Julio Álamo como convidado. Hoxe sábado 31 de agosto o percorrido incluíu a serra do Courel, as montañas dos Ancares e O Cebreiro. Mañá domingo 1 de setembro rematará a Ruta cun destino descoñecido.
Castiñeiro, un torneo de billarda e unha visita motorista
Unha aldea con sete persoas censadas que chegou a ter este venres 30 de agosto máis de 350, unidas polo Open de Billarda. Falamos de Castiñeiro, en San Xoán de Río, onde tamén chegou a IX Ruta Galifornia.

Foron catro os gañadores do torneo: Pablo Fariña, Xián de Sanxenxo, Miguel de la Cruz e Juan Pérez. Foi o alcalde, Xosé Miguel Pérez, o encargado de facer entrega dos trofeos, nunha xornada na que incluso houbo bombas de artificio.
