sábado. 20.04.2024

O PSdeG-PSOE de Ourense vén de presentar as súas candidaturas na comarca de Valdeorras para as vindeiras eleccións municipais de maio de 2023, nun gran acto celebrado en Vilamartín. Os alcaldes de O Barco e Vilamartín, a alcaldesa de Petín e os candidatos e candidatas ás alcaldías de Carballeda de Valdeorras, Rubiá, A Rúa e A Veiga participaron neste encontro no que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, así como por outros cargos do partido e militantes socialistas chegados de tódolos puntos da provincia.

Aurentino Alonso, concelleiro do Barco, foi o encargado de dar a benvida a todos os presentes entre os que se atopaban os candidatos ás Elección Municipais de maio de 2023 e tamén o senador de Valdeorras Miguel Bautista Carballo.

Despois de agradecer a asistencia dos alí presentes nomeando un a un aos alcaldes presentes, incluído o de Manzaneda, Amable Fernández, non faltou a mención aos membros da executiva provincial o secretario de organización Diego Alonso e o secretario provincial Rafael Rodríguez Villariño. Aos deputados autonómicos pola provincia de Ourense Carmen Rodríguez Dacosta, Marina Ortega e e Eduardo Ortega (Potolo). Paco Rodríguez cancidato a alcaldía de ourense e Gonzalo Caballero, deputado do Parlamento de Galicia, tamén estiveron no acto.

«Ser candidato ou candidata do Partido Socialista Obrero Español é unha honra, pero tamén unha responsabilidade moi grande. Somos un partido de goberno» asegurou Alonso, quen sinalou a «pelexa» que teñen que ter os alcaldes socialistas  coa xunta de Galicia e «sobre todo sendo maltratados pola Deputación de Ourense de Manuel Baltar».  Falou do reparto inxusto dos fondos da Deputación que non chegan como deberían aos concellos socialistas xa que tendo os mesmo número de votantes os dous partidos —PP e PSOE— o 85% dos fondos van para os  populares.

Logo da presentación foi o alcalde de Vilamartín o encargado de presentar aos candidatos. Asegurou que a súa continuidade a alcaldía é para seguir  con proxectos uns xa comezados como o do Bañadoiro, outros a piques de facelo coma a remodelación da praza de Vilamartín, pero sobre todo para continuar facendo a política que  «pon en valor o noso rural» e que «poña a Vilamartín no mapa provincial».

«Hay mucho que mejorar»

Cesáreo Ramos Gómez, o candidato por Carballeda, foi o primeiro en tomar a palabra aínda que estas, polos nervios de primeirizo case que non saíron da súa aboca. Despois de pedir perdón e dar as grazas aos presentes  dixo que se presentaba co «animo de mejorar todo lo que hai allí, porque hai mucho que mejorar». Logo as palabras non quixeron seguir saíndo.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (15)
Cesáreo durante a súa presentación

«Rubiá existe»

Raquel Méndez Ramos, «a futura alcaldesa de Rubiá», segundo Barreiro que a presentou coma «o exemplo de empresaria socialista», recalcou  o «olvido» en que as administracións teñen ao concello, pedindo incluso a dimisión do conselleiro de Medio Rural.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (16)
Raquel que tivo que conter as bágoas ao recordar a un compañeiro de lexislatura

Unha Raquel emocionada polo acontecido no seu concello, pero tamén cunha enorme vitalidade comezou o seu discurso. con: «Foron catro anos duros para o concello de Rubiá. Unha pola pandemia, outra polos lumes que arrasaron os pobos como o Castelo e A Veiga de Cascallá e outra pola perda do concelleiro e compañeiro que tanta ilusión tiña con estas elección». Rematou cunha chama na man e coas palabras «Rubiá existe» e invitou  aos presentes a volta O Gran Camiño, que se celebra hoxe.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (18)
Raquel coa chama que reclamou máis para o seu concello

«Hai que articular unha alternancia no noso Concello»

Luís Fernández Gudiña agradeceu á organización local do partido a súa confianza  «unha vez máis para encabezar a lista do partido na Rúa». Para o candidato «hai unha falta de conexión do concello coa xente do pobo» e asegura que se están deteriorando servicios que eran un «emblema, como a biblioteca, o centro cultural avenida, a casa da cultura, por que non se cobren as vacantes». «Temos que acercarnos de algunha maneira a xente e dicirlle que  se poden facer as cousas de outro xeito».

somoscomarca_luisfernandezgudiña
Intervención de Gudiña

Sinalou que:  «temos experiencia porque xa gobernamos dúas veces na Rúa, temos o programa», «temos personal que ten ilusión e ganas».  Es estes pilares xunto a forza e a ilusión farán segundo Gudiña que se produza a alternancia.

«Aquí estoy  orgullosa y feliz de ser la candidata»

Raquel María Bautista Carballo, a candidata de Petín agradeceu o apoio dos compañeiros, familia e veciños no que foi o seu primeiro mandato.  Fixo un repaso polo seu mandato que  tiña una máxima no fallarle «a la persona que me había animado». Recalcou que «cuatro años después aquí estoy, orgullosa y feliz de ser la candidata del partido, en el concello de Petín».

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (5)
Raquel Bautista convencida e ilusionada

Rematou coa frase ca que hai catro anos acababa tamén o seu discurso no 2019:«La única condición para ser alcalde o alcaldesa es desear serlo».

«Queremos afrontar en estos cuatro años la segunda trasformación de O Barco»

Alfredo García, candidato ao Concello do Barco,  subliñou  que se presentaba porque : «Quiero a mi pueblo, , porque tengo ganas y porque aunque soy pensionista no estoy dispuesto a pasar mi tiempo viendo como las empresas hacen las obras en O Barco. Quiero ir con esos mismos pensionistas a sentarme en los bancos a explicarle las obras que se están haciendo desde el Concello, porque me sobran ganas de seguir planificando O Barco y sobre todo que todavía tengo ideas» .

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (8)
Moitas anécdotas e ina ironía no discurso de García

Recalcou que os seus mandatos non serian quen sen a axuda de todos e cada un dos seus concelleiros, sen a xente que vai ao seu despacho para dicirlle o que queren o que esta ben e no que se falla. Falou das ganas e da ilusión que teñen tanto el como todos os que o rodean.

Falou de proxectos que se ralentizaron ou que non se puideron facer, a subida de prezos ou unha pandemia polo medio tivo algo que ver. A Praza Maior e o seu entorno é un dos novos proxectos.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (32)

                                                                                

O obxectivo que se marcan dende o PSdeG-PSOE é o de mellorar os resultados electorais nunha comarca no que os socialistas marchan por diante do PP en votos e na que aspiran a "ampliar" o número de alcaldías actuais. Os e as socialistas traballarán por rematar coa "discriminación histórica" que vive Valdeorras da man dos gobernos do PP e por darlle voz a unha veciñanza que precisa de infraestruturas e de melloras nas conexións e na sanidade.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (31)

O "poder municipal socialista" representa "o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa e que xa vemos en concellos como O Barco, Vilamartín ou Petín, exemplos do bo facer que debe estenderse ao resto de municipios da bisbarra", afirman dende o PSOE, a vez que tamén apuntan que é "por iso que en maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia que está en mans dun baltarismo rancio e caciquil".

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (33)

Os e as socialistas dan deste xeito o pistoletazo de saída da precampaña electoral na comarca de Valdeorras no que destacaron a necesidade de apostar pola "política útil" do PSdeG-PSOE para mellorar a calidade de vida da veciñanza, nunha comarca que foi historicamente "abandonada" e "maltratada" polos gobernos do Partido Popular tanto en Madrid, como na Xunta e na Deputación de Ourense. "Estamos nunha comarca que mira o futuro da man do PSOE, que desbloqueou proxectos claves como a circunvalación do Barco, o arranxo da N-120 e que deu os trámites pertinentes para que nun futuro a A-76 que unirá Ponferrada e Ourense sexa unha realidade", subliñaron os socialistas.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (14)

O acto tamén serviu para reivindicar o traballo do PSdeG-PSOE de Ourense tanto a nivel municipal, como comarcal, provincial e autonómico, nunha bisbarra na que os e as socialistas estiveron moi presentes ao longo dos últimos catro anos. Cabe destacar as constantes reivindicacións na procura de rematar cos recortes e o desmantelamento de servizos no Hospital Comarcal de Valdeorras, a reclamación duns servizos sanitarios dignos para a bisbarra, a loita contra o peche do COC de Iberdrola na Rúa, así como diferentes iniciativas presentadas na Xunta de Galicia e na Deputación de Ourense para o arranxo de infraestruturas como a estrada de Santo Agostiño, en Viana do Bolo; a estrada de San Vicente, en Vilamartín; a mellora da OU-533; ou a creación dunha rede de tratamento contra a silicose en Ourense.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (20)

No acto foron presentados os diferentes candidatos e candidatas que concorrerán as vindeiras eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Repiten o alcalde de O Barco, Alfredo García Rodríguez; a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista Carballo; e o alcalde de Vilamartín de Valdeorras, Enrique Álvarez Barreiro. Tamén volven a presentarse como candidatos á alcaldía Luís Fernández Gudiña na Rúa; Fernando Fernández Yáñez na Veiga; e Raquel Méndez Ramos en Rubiá. A novidade chega en Carballeda de Valdeorras, onde o candidato será Cesáreo Ramos Gómez. Os e as socialistas seguen traballando na elaboración das listas e nas candidaturas de Larouco, O Bolo e Viana do Bolo que se darán a coñecer en próximas semanas.

somoscomarca_obarco_candidatospsoe_muncipales_2023 (6)

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, asegurou que as cifras indican que o socialismo vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas de Valdeorras. "Da man do PSdeG-PSOE hai futuro para Ourense, e hai futuro para a bisbarra de Valdeorras e os seus concellos", asegurou Villarino.

Vídeo da presentación en directo realizado na nosa canle de Facebook:

Presentadas en Valdeorras as candidaturas socialistas para os vindeiros comicios...