
A Subdelegación do Goberno en Ourense, en colaboración co Concello do Barco de Valdeorras, organiza unha xornada divulgativa que marcará un fito na atención aos cidadáns estranxeiros. Este evento, que levará a cabo o 7 de abril ás 11 h no Salón Multiusos do Concello, ten como obxectivo presentar a nova Oficina de Estranxeiría e as súas canles de acceso, así como ofrecer información crave sobre o novo Regulamento de Estranxeiría.
Dirixido aos concellos da comarca de Valdeorras, traballadores sociais, concelleiros de Servizos Sociais, persoal dos CIMs, asociacións, Ong e ao público en xeral, este encontro é unha oportunidade única para coñecer de primeira man os servizos que se ofrecerán e como estes poden beneficiar ós residentes estranxeiros na comarca. O subdelegado do Goberno, Eladio Santos, será o encargado de abrir a xornada, seguido por Josefina Rodríguez Durán, xefa da Oficina de Estranxeiría, quen compartirá todos os detalles sobre este novo servizo.