
A campaña electoral xa está no seu clímax. O 18 de febreiro os galegos e as galegas están chamados as urnas para elixir o candidato ou a candidata que estará na Xunta de Galicia nos próximos catro anos. No caso de Sumar podemos ver a un nome coñecido para a comarca, Mercedes González, coñecida por ser sindicalista dende fai 30 anos, pero é a súa primeira vez nunca campaña.
A candidata o primero que quere sinalar e que «hai un matiz que é importante nas candidaturas de Sumar, que é o feito de que as comarcas están representadas. Creo que o importante e que non sexa unha persoa de Ourense capital quen encabece a lista».
Durante os anos que estivo sendo sindicalista puido observar unha «falta de coñecemento, de información e de criterio de moitas persoas que acoden a un local sindical ás veces sen saber moi ben cal é a función dun sindicato».
Para a candidata foi complexo dar este paso na súa carreira política, «primeiro porque temos que saber os prazos que tivemos, foron moi pequenos. Entre Nadal e o Entroido». Na provincia de Ourense viña xente «dende a campaña de xullo que de forma voluntaria, porque confiamos na política de Sumar porque son políticas útiles e todas podemos beneficiarnos».

González cree firmemente que «vamos ser o cemento seguro, vimos a apuntalar a que outras formas de política poidan continuar en Galicia». De feito, da grazas a «reforma laboral permitiu que un millón catrocentos traballadores en Galicia tiveran esa subida so salio mínimo e 136.000 mulleres están traballando de novo».
A proposta de Sumar
«Os eixes fundamentais de Sumar Galiza están moi pensados dunha forma conxunta e nos territorios», asegura. Por riba, «foi un documento libre, na que as achegas viñeron dende asociacións, colectivos e demais».
Este programa céntrase no «sentir popular, no sentir das xentes». A mobilidade sostible ou as «carreteiras das que carecemos nesta provincia tan extensa e que nos obriga a desprazar a capital», serían só o principio desta proposta.
Outra das partes é a «transición enerxética, temos que ser bandeira. Esa Galicia verde que xa non é tan verde. E que nestes anos, hai estudios feitos, que o 60 % de terras fértiles perdéronse», asegura. Entón, atendendo a «transición verde, a transición enerxética, apóstase por eses empregos verdes».
Os coidados tamén ocupan unha parte desta proposta, «pensamos nos coidados posibilitando a opción de unha rede de coidados galega. Na que os maiores non estean nesas macroresidencias, que comecen a ser micro e, por suposto, na proximidade a nivel comarcal». A esta proposta súmeselle a posibilidade de que «en centros de día poder atender non só a maiores, senón tamén a cativos de 0 a 6».
Por outro lado, «a pata fundamental é o servizo de axuda a domicilio, se conseguiramos desmercantilizar este servizo, son moitas as empresas que están cubrindo esa demanda dos concellos». As veces isto sucede porque «non hai peras preparadas e, por outro lado, porque as contratacións dende a privada están a ser moito peores que dende a pública».
A vivenda é outra das cuestións que teñen entre mans nesta proposta dende o partido. «O Goberno da Xunta non está a atender a Lei de Vivenda que se promulgou a nivel estatal, iso quere dicir que os alugueiros están a prezos desorbitados».
Outro dos eixes é a sanidade e a educación. «Se algo promove Sumar, en todos os sentidos, é o fornecemento dos servizos público e os servizos de emerxencias». O último punto deste extenso programa político «apostamos por un modelo agroforestal con sistemas de gandaría extensiva que vai axudar a reducir a biomasas», conclúe.