
A "XIII Ruta de Pinchos: O Barco vai de Viños" foi un éxito, tanto para a organización como para os establecementos hostaleiros implicados. Desde o 11 ao 19 de xaneiro, vendéronse un total de 13.556 pinchos, polo tanto, foron 4.556 máis que na anterior edición.
Dende a organización aseguran que: «Foi unha ruta de grande éxito e participación na que tódolos establecementos volcáronse na calidade dos seus pinchos e sen excepción traballaron con gran dedicación». Dos 21 establecementos inscritos finalmente puideron participar 20, un deles non puido por non poder facer finalmente a apertura do local nas datas da celebración da ruta.
Os pinchos premiados
O primeiro premio foi para o Restaurante o Piquiño, que pertencía a Zona Godello. O segundo posto foi para Bailarín, da Zona Garnacha. E por último, pero por isto non menos importante, o terceiro premio foi para Zig Zag que se localizaba na Zona Sousón, que se estreaba este ano polo incremento de restaurantes que se inscribiron a Ruta dos Pinchos.

Un cuarto premio
O cuarto premio, dedicado ao público, en un sorteo de las fotos subidas as redes sociais cos hashtag #vaideviños24 ou #obarcovaideviños24: Laureano García Rodríguez. Faráselle entrega dunha cesta de produtos da Tenda da Rita.

Sorteo das cenas
Nesta rolda de presa e coa axuda de catro mans inocentes, fíxose o sorteo das cestas entre todas as persoas que participaron na Ruta dos Pinchos.

A primeira cea ofrecida por Distribucións Anger, no Restaurante O Piquiño foi para Ismael Palla Vega. A segunda cea, por xentileza de Distribuciones Roca e que terá lugar no Fernando III, para Jorge Rodríguez Afreijo. A terceira agasallo de Exclusivas Morales, en Pazo do Castro desfrutaraa María. Por último, a cuarta cea é para Fernando Valcarce, que a desfrutará en Restaurante O Piquiño, por cortesía de Bodegas d´Berna.

Un traballo empañado por algunhas queixas
Tras todo o traballo levado a cabo pola organización e os bares, existe certo malestar entre algúns veciños pola recollida das urnas media hora antes do que estaba previsto.