sábado. 31.05.2025

Arranca a vacinación de covid e gripe nas residencias de anciáns

Josefa Rodríguez Araújo, directora de enfermería e coordinadora da campaña, asegura que en Valdeorras se inmunizará «entre 2000 e 2500 residentes»

somoscomarca_240922_josefarodriguez_sergas_vacuna498
Josefa Rodríguez Araújo, directora de enfermería e coordinadora da campaña

Un ano máis, e con este xa van catro, chega a vacinación contra o covid-19 e a gripe. Como vén sendo habitual, a primeira fase realizarase nas residencias de anciáns. «É onde están os nosos pacientes máis vulnerables», sinala Josefa Rodríguez Araújo, directora de enfermería e coordinadora da campaña. 

Na provincia de Ourense atópanse 151 centros cun total de 6300 residentes que recibirán esta pauta. No caso de Valdeorras atópanse «entre 2000 e 2500», asegura Rodríguez. Neste caso «intentaremos» facelo nos primeiros oito ou 10 días iniciais. Cabe destacar que ambas vacinas se poden administrar o mesmo día, aínda que en lugares diferentes. 

Ao mesmo tempo os coidadores tamén serán inmunizados para así «evitar que enfermen eles ou aos residentes». Unha vez rematado este ciclo inicial comezarase polos pacientes inmobilizados no seu domicilio. As encargadas serán as enfermeiras de cabeceira a partir do 7 de outubro, a coordinadora espera «tardar uns 10 días».

En cambio, os maiores de 80 anos comezarán o 14 e os menores dende o día 26 de outubro. Aquelas persoas menores de 60 anos que teñen algún tipo de riscos poderanse inmunizar no centro de saúde.

Coordinación das citas

A coordinación de citas organízase dependendo do grupo ao que vaia dirixido. En cuanto as residencias, os equipos de vacinación puxéronse en contacto para comunicar o día e a hora na que acudirán. 

No caso dos pacientes inmobilizados serán as enfermeiras as que se poñan en contacto para concretar. En cambio, tanto os maiores como menores de 80 anos recibirán a comunicación vía SMS. 

«Aprendemos a importancia da vacinación»

A directora de enfermería e coordinadora da campaña resalta a importancia colectiva que ten a inmunización. De feito, resalta que «hoxe estamos nesta situación de normalidade grazas a que tivemos unha vacina». Sumado a isto, recorda que naquel momento a asistencia foi maior do 90% en moitos casos. «Se non mantemos a inmunidade de grupo podemos volver para atrás», conclúe.

Si desexa escoitar a entrevista completa con Josefa Rodríguez Araújo pode facelo aquí:

Arranca a vacinación de covid e gripe nas residencias de anciáns