A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a través do seu presidente Alfredo García, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, acompañados da directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, presentaron o listado de accións que se poñen en marcha para o curso 2018-2019 destinadas a motivar o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero.
As actividades ofertadas, non terán custe algún para os concellos, e inclúen obradoiros, charlas, cursos, exposicións, proxeccións, visitas, e tamén formación específica para o persoal municipal en materia de violencia de xénero.
No próximo curso 2018-2019 tamén se pretende afondar nos coñecementos sobre as Mesas Locais de Coordinación (MLC) nas que participan todos os axentes municipais implicados na materia (servizos sociais, forzas de seguridade, centros educativos, CIM, etc.) polo que a secretaría xeral de Igualdade presentou un novo manual para a dinamización destas mesas que estará dispoñible para todos os concellos interesados. Esta nova publicación ven a complementar o manual que xa fora editado en 2015 para a constitución das MLC.
As entidades locais que pertencen á Rede de entidades locais contra a Violencia de Xénero son un total de 194 que veñen a representar case dous terzos do total de concellos galegos polo que o presidente da Fegamp, Alfredo García, reflectía a súa satisfacción: “dende a Fegamp levamos colaborando no crecemento desta rede desde os inicios desta iniciativa en 2012 e estamos satisfeitos cos resultados obtidos”. O presidente destacaba tamén a importancia de ofrecer recursos gratuítos aos concellos: “a oferta de actividades relevantes como as que se ofrecen sen custo para as arcas municipais parécenos unha boa forma de axudar aos concellos e avanzar no rexeitamento da violencia de xénero desde o ámbito municipal”, aseguraba o presidente.
Obxectivos das accións:
- Motivar o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero
- Sensibilizar á poboación e buscar a súa implicación e compromiso real en coontra da violencia, fomentando a un tempo modelos alternativos de convivencia baseados no respecto a na igualdade.
Resumen de accións ofertadas para o curso 2018-2019
- Formación para o persoal do concello no marco do impulso das Mesas Locais de Coordinación interinstitucional fronte a violencia de xénero (MLC)
- Curso de defensa persoal e autocapacidades pana mulleres e mozas
- Espectáculo lúdico-musical e pedagóxico que analiza os roles de xénero que transmiten as cancións de temática amorosa
- Exposicións
- Programa de asesoramento e terapia familiar con nenos e nenas que sufriran de maneira directa ou indirecta violencia de xénero.
- Proxección de curtametraxes
- Charlas Informativas sobre violencia de xénero
- Charlas Informativas sobre a trata de Seres humanos, preferentemente mulleres e nenas con fins de explotación sexual
- Visita as instalacións do Centro ele Recuperación integral
- Obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes