
Cada vez son máis os interesados que queren facer unha vida en pequenos pobos. Lugares onde estean tranquilos, sen a tensión das grandes cidades. A realidade é que á hora de tentar fai unha mudanza atópase cunha falta total de casas en alugueiro.
Isto é o que acontece en San Xoán de Río, xa que todas as vivendas que tiñan ofertadas están ocupadas. Os últimos en chegar foron unha parella de Vigo. A maiores, hai un veciño belga e outra magrebí. «O que quixeron foi cambiar de vida», asegura o alcalde Xosé Miguel Pérez.
Esta afluencia de persoas, o alcalde, considera que se debe «ao traballo que facemos en Europa». A maiores, realizaron un programa que levaba como protagonsita aos inmigrantes que marcharon a buscar unha vida diferente fóra, pero agora queren retornar. «Tamén lle queremos ofrecer ao resto de xente que veña, pero buscando os perfís que nos fan falta».
A última vez que comprobaron o censo da candidatura había «4.500 familias de todo o mundo». O próximo paso será facer unha criba para comezar «canto antes a traelos aos profesionais que necesitamos ou servizos que non temos».
Incluso estanse atopando dificultades cos traballadores da base de helicópteros, na que hai 30 postos durante 5 meses. «Estámoslle deixando alugar o antigo albergue para que estean alí», explica. De feito, tampouco atopan onde vivir en «toda a contorna».
No caso da Veiga continúan realizando melloras en diferentes vivendas para así ter oferta. Nestes momentos están a comezar o proxecto "Por Barrios" no que se van a «reformar outras 24». Sumado a isto, «nos vamos facer outras 5». Entón, agora mesmo «estamos entre unhas 55 ou 60».