domingo. 21.04.2024
Convocadas as axudas para apoiar citas de artes escénicas e musicais de carácter aficionado

A Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia as bases da súa convocatoria anual de subvencións para colaborar coa realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. Trátase dunha liña de apoio dirixida a institucións sen fins de lucro e entidades locais enmarcada no Plan Xeración Cultura da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Así, tal e como se informa no DOG, a convocatoria está dotada cun total de 50.000€ euros, dos cales 30.000€ están reservados para os solicitantes dentro do grupo de institucións sen fins de lucro, mentres que os 20.000€ restantes serán para entidades locais.

No caso de solicitantes individuais, o importe máximo será de 6.000€ non poderá exceder o 70% do orzamento total do proxecto que se vai realizar. No caso de solicitudes conxuntas presentadas por máis dunha entidade local, a achega poderá ascender ata 7.500€.

As entidades interesadas poderán presentar a correspondente solicitude ata o vindeiro luns 26 de febreiro.

Convocadas as axudas para apoiar citas de artes escénicas e musicais de carácter...