
O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso, convocou unha comisión para levar a cabo unha coordinación entre as distintas administracións e órganos competentes do Estado ante as posibles incidencias metereolóxicas da nova tempada na provincia.
O obxecto deste protocolo non é outro que establecer a organización e os procedementos de actuación dos servizos, medios e recursos da Administración Xeneral do Estado dispoñibles no ámbito da provincia de Ourense, e que, ante a predicción de precipitacións en forma de neve, xeo, granizo, néboas, ventos fortes, chuvias intensas u outras situacións extremas, nas que resulten necesarias actuacións para asegurar a viabilidade de circulación na rede de Estradas do Estado na provincia de Ourense.
Á reunión asistiron á Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz, o Xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestructuras, Marcos Buide, o Deputado provincial Pablo Pérez, o Inspector Xefe de Seguridade Cidadá Manuel Alberto Aragón, o Comandante Xefe de Operacións da G.C José Fermín Díaz, Xefe Provincial de Tráfico David Llorente, Tenente Xefe Acctal. Do Subsector de Tráfico Norberto Aser González, Unidade de Estradas do Estado Jaime Suárez, Representante Sociedade Pública Investimentos de Galicia Enrique Couselo, Representante da FEGAMP Luis Milia, e Secretario Xeral da Subdelegación Manuel Arias.
Na comisión estableceuse una boa coordinación entre os órganos da Administración Xeral do Estado, así coma os homólogos na comunidade autónoma de Galicia na Xunta, e nas administracións locais a través da Deputación.
As distintas administracións fixeron referencia ós medios necesarios dos cales dispoñen para a prevención e actuación en situacións metereolóxicas adversas na nosa provincia.
A provincia de Ourense divídese en 5 zonas metereolóxicas:
Zona Nordeste, Zona Miño, Zona Sur, Zona de Montaña, Zona de Valdeorras.
Se estudaron os distintos procedementos operativos coas súas fases e as medidas a adoptar en cada una delas: alerta, preemerxencia, e emerxencia.
O total de medios efectivos para a campaña invernal na provincia será o seguinte:
21 Quitaneves
16 Camións quitaneves convencionais
5 Camións esparcid. Salmuera
5.394 Sal(almacenes+silos)TM
110.000 litros de salmuera en depósitos.