domingo. 08.06.2025

Animada e luminosa primeira festa do Centro Comercial Aberto

A charanga CLk e catro robots de luces de gran tamaño animaron a cativos e maiores na Praza Maior

Nova iniciativa da directiva de Obarcoaberto Centro Comercial para darlle un pulo ó comercio local e especialmente pensada para os socios que participan de forma menos directa nas campañas que realizan no resto do ano.

somoscomarca_20240824_obarco_plazamayor_fiestaveranocca (8)

Desta forma, ás 20.30 da tarde do sábado 24 de agosto, comenzaba a festa na Praza Maior coa música e animación da Charanga ClLK, que non pararon de tocar ata as 22.30 horas. O momento máis esperado foi a chegada dos catro robots luminosos e de gran tamaño que fixeron as delicias de todos os asistentes, bailando, saudando e facéndose fotos con todo aquil que llo pedía.

somoscomarca_20240824_obarco_plazamayor_fiestaveranocca (36)

O broche o poñía o sorteo dunha viaxe de tres días en autocaravana a calquer punto de España entre os clientes que realizaran as súas compras nos establecementos asociados do CCA  nos últimos dez días. O encargado de entregar o premio foi Jacobo Arias, presidente do Centro Comercial.

Animada e luminosa primeira festa do Centro Comercial Aberto