viernes. 19.08.2022

Asunción Arias, subliña que todos os peregrinos e veciños da comarca deben coidar o percorrido xa que forma parte da natureza

Asunción Arias, presidenta da Asociación de Amigos polo Camiño de Santiago por Valdeorras, asegurou a Somoscomarca.es que os peregrinos e veciños da comarca deben coidar o percorrido. Isto débese a que forma parte da riqueza patrimonial, natural e paisaxística da zona, e ademáis trátase dun atractivo turístico para a zona.

Tirar diferentes plásticos ou lixo en xeral é unha das preocupacións da presidenta quen recorda que o Camiño e un ben de todos. A súa vez ve con moi bos ollos que os estudantes dos centros de ensino como o IES Lauro Olmo, realicen actividades relacionadas ca ruta Xacobea, subliñando que neste 2021 forma parte da súa axenda curricular.

Arias espera que con estas actividades os cativos aprendan sobre a ruta, pero tamén desexa que todos os veciños de Valdeorras a coñezan e se poden que a percorran debido a que moitas veces os mesmos non saben da existenza da mesma.

Esta semana dende a asociación reuníronse cos encargados de facer a sinalización do trazado. A mesma tiña diferentes errores que podían despistar aos peregrinos e facer que se perdesen.

A pesar de que ata maio a empresa pode subsanar as inexactitudes a presidenta espera que queden arranxados o máis pronto posible. Dende a asociación de feito buscaron un a un os errores para poder facilitar o traballo a contrata.

Actualmente son moi poucos os transeúntes que percorren o itinerario debido as restriccións vixentes. Malia isto Arias recorda que nas localidades que se encontran pechadas -a día de hoxe ningunha afecta ao trazado de Inverno- pódese pasar por as mesmas, pero non poden pernoctar ou simplemente parar alí.

Coidar do Camiño de Inverno, prioridade para ás asociacións