
A presidenta da Asociación de Amigos do Camino de Santiago por Valdeorras asegurou que era o momento de correxir as deficiencias que presenta o trazado
O Camiño de Inverno xunto a todos os que forman os diferentes itinerarios dos Camiños Xacobeos véronse moi afectados pola pandemia provocada polo COVID-19, que eliminou totalmente o tránsito de peregrinos dos mesmos.
Segundo a presidenta da Asociación de Amigos do Camino de Santiago por Valdeorras Asucuión Arias, neste tempo as entidades continuaron traballando de forma telemática: «Tivemos xuntanzas para reinventar e retomar todo esto, tamén para reflexionar. En todo momento por parte da Asociación houbo contacto co alcalde de Vilamartín Enrique Álvarez Barreiro, ca concelleira de turismo Irene Dacal -antes da súa renuncia- e co Concello da Rúa».
Tamén dende a institución mantiveron unha reunión ca Federación Galega de Asociacións dos Camiños Xacobeos, da cal son membros. «Estivemos traballando co tema dos albergues e os puntos non seguros do camiño, que hai bastantes por desgraza. Xa se había iniciado por parte da Federación xuntanzas cos alcaldes de diferentes tramos dos camiños».
Valdeorras non está exenta de puntos inseguros dentro do trazado do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca, en primeiro lugar Arias quere agradecer ao rexedor de Vilamartín de Valdeorras a axuda mostrada para facer máis viable o trazado. «Expresar dende a nosa asociación o noso agradacemento, porque en todo o momento se ofreceu e tivo o teléfono disponible atendéndonos personalmente para calquer cousa que xurdira en relación co camiño. Dende a nosa experiencia de asociación foi o que realmente se puso as pilas para solucionar dúas problemáticas».
Estas son a reafirmación do firme de 500 metros do vial que une San Miguel de Outeiro ca Rúa, e a limpeza do trazado alternativo en diferentes puntos tras falar con particulares, respecto a esta parte do camiño resolverán as dúbidas cando volvan a ser recibidos por Álvarez Barreiro. Durante a pandemia tamén falaron con Irene Dacal e co Concello da Rúa, pero non concretaron nada debido ao confinamento provocado polo Coronavirus.
Arias tamén falou no espazo de Radio Valdeorras do trazado ao seu paso pola Rúa, no que quedaron dúas cousas pendentes antes da pandemia. Unha delas é a data de visita dos técnicos da Xunta para facer o percorrido, e outra está relacionada ca reposición de un cartaz informativo na entrada da localidade que foi estragado polo vento no inverno e ainda non foi sustituído. Ademáis Asunción Arias destacou a limpeza de herbas e demáis maleza no tramo rués.
Dende a asociación comenzarán insistir paraa resolver as deficiencias xa no inicio da Fase 3 da desescalada que dará comenzo este mesmo luns. «É un bo momento para aproveitar, resolver, reinventarnos se temos que reinventarnos, non está todo escrito nin todo feito, igual a partir de agora o camiño e os humanos temos a oportunidade de mirar dentro de nos e modificar o que debamos modificar».
Nos últimos meses tamén estiveron presentes nunha reunión ca Deputación de Lugo, onde entre outras cousas falaron do Camiño de Inverno, nela destacaron que é o momento de que os propios habitantes das vilas coñezan o trazado. «É o momento de traballar localmente cos nosos propios habitantes, hai falta do coñecemento do que temos, é o momento de coñecer o noso, pero de verdade, camiña, vive, se o desfruto podo transmitirlle a outro. O camiño hai que vivilo. E como se vive? Facéndoo, aínda que sexa un anaquiño, ahí e onde comeza a semente da riqueza».
Se queres escoitar todo o que dixo Asunción Arias podes facelo na seguinte ligazón: