domingo. 08.06.2025

A presidenta da Asociación de Amigos pide respeto á espiritualidade do Camiño

Asun Arias, presidenta da Asociación de Amigos do Camiño ao seu paso por Valdeorras pide respeto «por unha ruta ancestral que debemos coidar e poñela en valor». Fai estas declaracións tras observar un incremento do que ela chama «tourigrinos», persoas que fanse ca credencial e viaxan incluso con maletas, usando os albergues «ocupando o espazo doutra persoa que realmente está facendo o Camiño co espíritu dun verdadeiro peregrino».

Destaca Arias, que algunhas destas personas ademáis, «fan destrozos materiais, teñen falta de respeto e poden obrigar a veces, a chamar á Guardia Civil para poñer orde». Continúa a presidenta dos Amigos do Camiño, explicando que «en Valdeorras a oferta turística é fabulosa tanto en calidade como en diversidade, tanto en prezos baixos, medianos como baixos», polo que invita a diferenciar a peregrinación do viaxar por placer e turismo, porque son dous cousas diferentes. Conta que, en bastantes ocasións, os peregrinos voltan a Valdeorras «despóis de ter feito Camiño e parada na comarca coma peregrinos, volvendo despóis coma turistas para coñecer a zona máis en profundidade».

Aumentan os peregrinos que elixen o Camiño de Inverno

Asun Arias apunta que no que vai de ano, un total de 1.000 peregrinos teñen elexido esta ruta para chegar a Santiago pasando pola comarca. Así o contan os números que ten no seu poder «podemos falar de máis de 100 repartidos entre o albergue da Rúa, Pazo do Sil, Hotel Espada, Hostal Niza, O Pillabán, o Fabio». Tan só polo albergue, «de 20 persoas aloxadas o ano pasado, pasouse a 58 este ano».

Conta Arias que son os meses da primaveira os elexidos polos peregrinos para facer a ruta, e precisamente foi maio o mes deste ano no que «houbo un repunte» porque viñeron «moitísimos peregrinos, tanto individualmente coma en pequenos grupos, sobre todos moitos biciclinos».

A presidenta da Asociación de Amigos pide respeto á espiritualidade do Camiño