
«Xa había gañas de desfrutar do monte en compaña. Día incribel, grupo magnífico, paisaxes espectaculares»
Apaixonado da «súas» montañas, Juanjo Lorenzo, guía turístico de Terras Altas de Trevinca, realizou a primeira ruta da primavera —con moito retraso devido á Covid-19— para dar a coñecer a un grupo de seis persoas a zona onde desenrola o seu traballo.
«En primavera co monte florido, cos paxaros cantando, cheo todo de vida faise moi agradable e moi espectacular. Sobre todo para aquelas persoas que veñen de fora a desfrutar da natureza e das nosas montañas», explica Juanjo Lorenzo.
O grupo formado por oito persoas —dous guías e seis participantes de Ourense, Manzaneda e A Rúa—, saíron da aldea de Ponte e dirixíronse a Lagoa de Ocelo, cuxo orixe glaciar ven de hai millóns de anos, cando a desaparición dos xeos que formaban el casquete polar, os circos e as morrenas deron lugar estas formacións. «Perdéronse» un pouco pola inmensidade do territorio neste percorrido pola montañas, desfrutaron das lendas da Lagoa da Serpe e dende o miradoiro contemplaron todo o macizo, comprobando que está todo «espectacular, moi bonito e con moitas flores», ilustra o guía. A contraste de cores: amarelos, lilas ou rosas foi unha festa sublime para a vista. «Realmente merece a pena achegarse estas montañas e desfrutar do que temos na primavera», fai notar.
Gardáronse os protocolos de seguridade: distancia e de dous metros, mascarillas, controles de temperatura segundo se baixan os participantes dos vehículos —si a temperatura non superaba os 37 graos centígrados incorpóranse ó grupo. Logo xa no monte a distancia que se gardou foi de metro e medio e aí xa non se usaron as mascarillas.
Ao remate da camiñada unhas cervexas para intercambiar opinións e debater sobre o percorrido. «O que procuramos e que os participantes máis que clientes acaben sendo amigos. Formamos como unha gran familia na que os clientes suelen repetir ou recoméndanlle as actividades a outro», aclara Juanjo. Ese é o caso de Rebeca unha participante de Ourense a quen unha amiga que fixo unha actividade con raquetas no inverno lle dixo das rutas do guía de Terras Altas de Trevinca.
«Despois do confinamento eu necesitaba saír, ver o monte e a vez tiña moito medo polo protocolo. A verdade que o fixeron dunha forma exquisita, avisáronnos bastante do que tiñamos que facer. Ao chegar firmamos un documento , miráronos a temperatura, perfecto», declara Rebeca. «A paisaxe de Trevinca fascinoume, fíxome esquecer os días de confinamento», afirma. Respecto á ruta en si, recalca que: «Juanjo como guía é excepcional, explícache calquera cousiña que hai e, iso faino aínda máis espectacular. Quedei contenta para repetir».
Esta foi a primeira das camiñadas na que se puxeron en funcionamento os protocolos de seguridade pola Covid-19. De agora en adiante pretenden facer todas as fins de semana actividades, non só de rutas se non tamén outras coma observación de aves nocturnas ou de contemplación do ceo. En canto se poda —na fase 2 na que estamos aínda non se pode cambiar de provincia— ir a lugares das provincias veciñas coma Porto ou Sanabria. «Son zonas moi bonitas, con moitas rutas e moitas zonas por descubrir», explica Juanjo.
Terras Altas de Trevinca traballa con grupos pequenos de unhas dez persoas onde o trato é máis cercano e máis familiar. «Intentamos buscar a calidade e que a xente se vaia cunha impresión magnífica do territorio», explica o guía. A información sobre as actividades está dispoñible no Facebook Terras Altas de Trevinca ou do Instagram @Terras_trevinca.
Juanjo Lorenzo: «Da igual as veces que percorramos o Territorio, nunca deixa de abraiarnos.
Fotografías cedidas por Juanjo Lorenzo