
Al-Majisti é o nome do novo festival que chega á Veiga este venres día 17, e que vai mesturar literatura, astronomía e música até o domingo 19 de maio. «Leva ese título porque significa "o máis grande", e vai celebrarse no cumio máis alto de Galicia, no centro astronómico máis grande do norte da Península e vai ser o festival máis grande da provincia».
Así explicaba o alcalde da Veiga, Juan Anta, o motivo e o porqué de Al-Majisti. «Tamén queremos incidir na discriminación positiva dos pobos para que a xente poda acceder á cultura de calidade no rural». Literatura relacionada con astronomía e con música, «todo xunto nun programa que ten como obxectivo o ámbito familiar, con actividades tamén para nenos».
Hoxe día 16 de maio remata o prazo para realizar a inscrición no concello e poder participar nas distintas actividades —como conferencias, presentacións literarias e concertos— «todo con entrada e acceso gratuito». Apuntaba o rexedor que, polo de agora, «levamos case 50 prazas cubertas, vamos sorprendentemente ben, e esperamos seguir aumentando a cantidade de persoas que se animen a vivir un fin de semana diferente na Veiga».
«Esta es la primera edición pero seguramente no será la última»
«La astronomía es una ciencia pero toca muchísimas cosas, entre ellas la música, la historia y la literatura». Óscar Blanco é astrónomo e será o encargado de guiar a observación astronómica do sábado, «que dan algo de mejor tiempo pero, en todo caso, si llueve la haremos dentro del planetario».
Contaba Óscar Blanco que «la intención es trasladar la idea de que todo esto está mezclado, y lo haremos con una programación muy completa centrada en el cielo, la navegación astronómica, cómo se veía el cielo en la antigüedad y con mucha historia». Precisamente temas que, polo de agora, están atraendo a un número de xente «considerable, que nos asegura que esta é a primeira edición pero seguramente non a última».