viernes. 30.05.2025

AstroTrevinca converteuse «no evento por excelencia»

O astroturismo está tendo unha gran repercusión no Concello da Veiga, por este motivo planificaron unha serie de actividades enmarcadas no Destino Starlight

somoscomarca_240518_aveiga_almajisti_antoniavarela_observatorioastronomico (6)
Juan Anta, alcalde da Veiga, e Antonia Varela, presidenta da Fundación Starlight

«O Destino Starlight nos deu un salto de calidade e de coñecemento cara ao público xeral», asegura Juan Anta, alcalde do Concello da Veiga. 

Este distintivo o que provocou foron visitas de maneira continuada. Por exemplo universidades que veñen a facer prácticas. Pero é «certo que nos está funcionando ben como punto de lanza».

Por ese motivo decidiron programar unha serie de actividades ata finais de ano. A maiores faranse durante o inverno, da man da DO e da Ruta do Viño, «actividades relacionadas co astroturismo». 

É preciso destacar que AstroTrevinca, que será 30, 31 e un de setembro, cumpre 10 anos. Con motivo desta celebración «estamos traballando para facer algo especial, vén xente de toda España». «Converteuse no evento por excelencia», asegura. 

O astroturismo será protagonista este verán no Concello da Veiga

O astroturismo está tendo unha gran repercusión no Concello da Veiga. Por todo isto, dende equipo de goberno queren seguir apostando por un turismo de «calidade e singular» no se que se unan ca posta do catamarán, pedaletas, paddle surf ou, como non, a visita a Trevinca de este verán.

A primeira actividade que hai programada será a Lúa de Cerva este sábado 20 de xullo. Consistirá nunha experiencia fotográfica onde participarán nun taller guiado de fotografía de Lúa para posteriormente realizar fotografías da mesma en diferentes localizacións. Ademais, realizarase un concurso de fotografía. 

Con todo isto, dende o Concello propoñen o seguinte programa de astroturismo para as próximas semanas:

A maiores da Lúa do Cervo, este 20 de xullo, tamén se poderá observar a Lúa de Esturión o 17 de agosto; a Lúa da Colleita o 18 de setembro; Lúa do Cazador o 17 de outubro; Lúa do Castor o día 15 de novembro; e para rematar a Lúa Fría o 12 de decembro. 

Sumado a todo isto estará o concurso de fotografía "Lúas de Trevinca". Poderá participar todo aquel que o desexe, iso si, versará dentro do destino turístico Starlight Trevinca. 

Como non podía ser de outra maneira, outra das protagonistas serán as bagoas de San Lorenzo —perseidas—. Ademais, do 30 ao un de setembro, estarán as xornadas de astrotrevinca.

Apenas 4 días despois de rematar esta xuntanza, a presidenta da Fundación Starlight, Antonia Varela, impartirá unha conferencia sobre o Astroturismo e o papel da muller no entorno rural. Xa no mes de outubro realizarase a experiencia enoturísticas.

AstroTrevinca converteuse «no evento por excelencia»