sábado. 31.05.2025

"Entre Lobos e Estrelas" unha actividade na cima de Galicia

Este ano a actividade rematará en Peces cun total de 25 prazas. As inscricións están abertas ata o 18 de xullo

 

 

 

A lúa chea e a montaña serán as protagonistas este fin de semana na Veiga. Un ano máis regresa a décima terceira edición da andaina "Entre Lobos e Estrelas" que organizan dende o Club de Montañismo Montañas de Trevinca. 

A actividade, programada para este 20 de xullo, comezará ás 21:15 cunha cea de grupo para aqueles participantes que decidan anotarse. «Para nós é fundamental reunirnos», matiza Cholo, xa que o montañismo «é un deporte de relación social, de convivencia entre os participantes».

No caso de non acudir a esta primeira reunión, a actividade comezará ás 22:45 coas explicacións. A saída está programada para ás 00:00 en dirección Valmeladas. «Chegaremos a cima de Galicia sobre ás 04:15», relata Cholo Fernández. A actividade rematará en Peces sobre ás 12:25.

A clave para poder realizar esta subida a Trevinca é ter unha boa preparación física, «son arredor de 11 horas de percorrido». Haberá desniveis e outro tipo de dificultades durante os case 30 quilómetros que dura. 

O que pretenden dende a organización, a parte do deportivo, é «dar a coñecer a paisaxe nocturna de Trevinca, sobre todo as noites de lúa chea». Con esta andaina, como é obvio, o protagonista «será a paisaxe nocturna. Falaremos do pastoreo, da noite ou da vida dos animais nocturnos», asegura. 

A data límite para inscribirse é ata o xoves 18 ás 15:00. «Facémolos socios do club durante un ano», algo imprescindible para este tipo de actividades, o custo é de 15 euros anuais. Hai 25 prazas dispoñibles, aínda que moitas delas xa están ocupadas, todos aqueles que desexen participar pódense anotar na web do Club.

"Entre Lobos e Estrelas" unha actividade na cima de Galicia