sábado. 20.04.2024
somoscomarca_trevinca_nieve_terrasaltasdetrevinca_peñatrevinca_actividad_2021 (1)
Neve e sol na espectacular ruta realizada por Terras Altas de Trevinca

A presenza da neve enriqueceu si cabe, un  pouco máis a ruta diúrna por montaña, «Pena Trevinca – Cima de Galiza». Vinte catro quilómetros polo teito de Galicia para acabar na súa cima máis alta, Pena Trevinca.

Nesta ocasión, participaron na actividade 6 persoas procedentes de Vigo, Compostela, Lugo e Ourense, algunha delas repetía, segundo sinalou Juanjo Lorenzo, guía local de montaña no territorio de Trevinca e monitor de turismo astronómico starligth.

A ruta, xa en si de dificultade alta, complicouse ca presenza da neve por riba dos 1800 metros. A primeira hora o vento tamén se deixou sentir e con el a sensación térmica máis baixa, agora ben «cando paraba o sol quentaba», comentou o guía.

somoscomarca_trevinca_nieve_terrasaltasdetrevinca_peñatrevinca_actividad_2021 (2)

«Non contabamos ca neve é iso fixo un pouco máis dura a ruta pero a recompensa foi ver as nosa montañas con neve nun día espectacular. Unha das participantes era a primeira vez que a pisaba e até se emocionou», conta Juanjo.

As seis da tarde volta outra vez A Veiga onde uns decidiron quedar e pasar a noite e outros marchar para os seus destinos.

somoscomarca_trevinca_nieve_terrasaltasdetrevinca_peñatrevinca_actividad_2021 (3)

É a segunda actividade que leva a cabo, neste recente estreado mes de novembro, Terras Altas de Trevinca, guías de montaña, e non será a derradeira xa que para o 13 de novembro teñen planificada a ruta  diúrna de natureza. « O Silencio do Bosque» de 16 quilómetros e o 14 a mesma que a realizada esta fin de semana.

Ademais das actividades programadas  tamén realizan rutas a medida. Desde Terras Altas de Trevinca, como expertos en Trevinca, descubriranche o territorio cos ollos que habitan estas terras. Si buscas un turismo de natureza, as Montañas de Trevinca son sen dúbida unha das mellores eleccións. Máis información en: https://www.terrasaltasdetrevinca.es/

somoscomarca_trevinca_nieve_terrasaltasdetrevinca_peñatrevinca_actividad_2021 (4)

Fotos cedidas por Terras Altas de Trevinca

A neve e sol fixeron máis espectacular a ruta realizada por Terras Altas de Trevinca