martes. 24.06.2025

Juan de Guindo: «Esto é o mellor que se pode facer para que os pueblos volvan a vivir!»

Juan colleu o arado e botou terra adiante detrás dos bois como si estes o levaran ao mellor destino do mundo, a súa vida hai 60 anos en Lamalonga
somoscomarca_aveiga_inauguracion_feriaganadera_2023 (40)
Juan de Guindo: «Esto é o mellor que se pode facer para que os pueblos volvan a vivir!»

Agora fanse feiras para recuperar e amosar os oficios tradicionais porque xa hai moito tempo que case nin os que o facían se acordan. A malla, fiar, mazar o leite ou arar con bois. Crianza Trevinca ben de pechar dous días de encontro e recordo e en Somos Comarca queremos contarche tres historias.

Juan de Guindo de Lamalonga levaba 60 anos sen coller un arado, a vida levouno a Francia e a Barcelona e a xubilación volveuno a Lamalonga — polo menos 6 meses ao ano—. Na Veiga esta fin de semana cumpriuse un dos seus desexos, «volver aquela vida». 

Era coma un neno con zapatos novos. «Este arado de dúas manillas non se manexa como o que tiñamos nos de pau. Co noso ías polo suco e non deixabas cochas», espetoume nada máis deixar o arado. E, é que a Juan acéndeselle a mirada nada máis pensar nos tempos vividos na súa aldea.

«Esto é o mellor que se pode facer para que os pueblos volvan a vivir!», di cheo de razón. Acordase dos seus netos e entón solta: «Quedarán orgullosos de saber que botei uns sucos co arado».

Recorda cando ía a escola —daquela en Lamalonga había 60 nenos e outras tantas nenas— e logo cos cordeiros ou as vacas, porque na casa de Juan había de todo, ao igual que en case todas as casas, era do que se vivía e do que se comía.

«A viña tiñámola en Celavente e os castiñeiros en Domiz, ibamos un mes a coller castañas». Comían os produtos de tempada, iso do que tanto presumimos agora e como di el «a poder de sudor e de aixada», recalca cun sorriso nos beizos.

Juan axudaba ao pai e a nai, segaba coa fouce e a gadaña, axudaba cos animais, collía a aixada. «Colliamos ata 300 tegas de pan», destaca, facían ata catro ou cinco horas de malla e  recollían 30 ou 40 carros de herba.

«A miña mamá e o meu papá tiraban 15 días na seitura, segando todo o dia e logo a noite ian a tapar a auga» , conta Juan a medida que chegan a cabeza novos recordos. «Cando era na herba segábase ca gadaña e logo á noite metíase nas palleiras para que estivera ben adecuada e as vacas a comeran ben e non tivera polvo.

Di o refraneiro que calquera tempo pasado foi mellor e ten razón porque a Juan de Guindo pese ao traballo, ao frío e as condicións de fai 60 anos na súa aldea, Lamalonga, o entusiasmo e a vida transmítea en cada unha das súas palabras e fainos sentir a súa enerxía e botar de menos algo que non vivimos pero asegúrolles que a min fÍxomo sentir.

somoscomarca_231015_aveiga_osboisdemario_juandeguindo_arar (1)
Juan despídese de Mario 

 

Juan de Guindo: «Esto é o mellor que se pode facer para que os pueblos volvan a vivir!»