jueves. 29.05.2025

«Iniciativas como Al-Majisti fomentan un turismo sustentable que combina astronomía, divulgación e lecer na natureza»

Manuel Pardo: «No cume de Galicia, xurde este extraordinario festival non só como un proxecto cultural no medio rural senón como un espazo de encontro, de relacións e fortalecemento» 

somoscomarca_aveiga_juananta_manuelpardo
somoscomarca_aveiga_juananta_manuelpardo

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, inaugurou onte o festival literario astronómico Al-Majisti 2025 na Veiga, onde puxo en valor o potencial de Galicia como destino Starlight e a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar un turismo sustentable e responsable.

Durante o acto de apertura, Pardo destacou o apoio do Goberno autonómico para consolidar Galicia como referente na observación do ceo nocturno, sendo A Veiga un dos primeiros municipios en obter a certificación Starlight. Segundo afirmou, «con estas iniciativas está a contribuírse a avanzar nun modelo turístico que combina astronomía, divulgación e contacto coa natureza».

O delegado territorial reflexionou ademais sobre a historia da astronomía, lembrando que «xurdiu desde que a humanidade deixou de ser nómade e comezou a formar civilizacións e comunidades, desenvolvendo un interese polas estrelas». Engadiu que a práctica da observación astronómica está presente en todas as culturas humanas, o que reafirma a universalidade deste campo de estudo.

Pardo resaltou o festival como un exemplo de proxecto cultural no medio rural, que non só busca complementar a oferta lúdica das cidades, senón que se configura como «un espazo de encontro, de relacións e fortalecemento das comunidades e da súa autoestima». Neste sentido, subliñou a importancia deste tipo de eventos como fonte de inspiración para futuras xeracións.

Para concluír, o delegado territorial expresou o seu desexo de que Al-Majisti 2025 teña un longo percorrido nos vindeiros anos, asegurando que a un longo percorrido nos vindeiros anos, asegurando que \u00elo estudo dos clásicos educa no desenvolvemento do pensamento crítico, e as xeracións futuras atoparán neste festival unha fonte de inspiración para novas formas de vida».

somoscomarca_20250328_aveiga_festival_almajisti113
Gloria Luís, Juan Anta, Manuel Pardo no acto inaugural

«Iniciativas como Al-Majisti fomentan un turismo sustentable que combina astronomía,...