viernes. 19.04.2024
Nadal enxebre da Veiga (33)
Nadal enxebre da Veiga

A maxia do Nadal respirase en cada recuncho da Veiga, e non porque todo está engalanado  para sentir o espírito destas datas, que tamén, senón polas súas xentes.

O Nadal Enxebre e moito máis que decoración e cousas moi bonitas, é unión, veciñanza e amor polo que creenos que alí habitan, A Veiga.

Antes de pasar a ponte sobre o Xares, xusto antes de entran na capitalidade do municipio xa sospeitamos que algo máxico está a pasar. As farolas engalanadas con maceteiros feitos de mimbre cheos de vexetación —hedras, fentos, brusco...—, e luces serpenteando polo báculo achégannos ao barrio da  Ponte.

Nadal enxebre da Veiga (115)

O primeiro que observamos no barrio da Ponte é que as cestas das farolas agora son coroas de nadal onde a cor vermella está presente nos pequenos detalles. Un tren, coellos, homes de neve e unha muller a tamaño natural fiando o liño, chama a nosa atención sobre todo porque todo está realizado en madeira de carballo.

Nadal enxebre da Veiga (113)

Chegamos á rotonda e aí os cervos rodean a pedra que preside o centro. Collemos á dereita cara o barrio de Entrecaldeiras e Chao de Curras e chegamos ao lugar onde Geppeto, o pai de Pinocho, viviría a súa maior fantasía. Un apalpador xigante, cegoñas  chocando os ovos, un xabarín comendo castañas e un cazador escopeta en apuntando ao aire. Pombas voando e até unha plantación de Faba Loba cunha muller sacando a faba da vaina.

Nadal enxebre da Veiga (103)

As portas da escola unha mestra e os alumnos sentados nun pupitre coma os de hai 60 anos e, ao outro lado da porta de entrada ao colexio, os nomes de todos os nenos colgados nos calcetíns de Papá Noel e nas boliñas de nadal.

Nadal enxebre da Veiga (104)

Na praza do concello a maxia dun pobo, casas de elfos nos troncos das árbores, un cervo xigante e, miña naiciña! Un nacemento con figuras do misterio talladas en madeira que son espectaculares.

Nadal enxebre da Veiga (84)

Desde a praza do concello collemos para o barrio do Campo, ao pasar a casa niño outra fantasía, dous homes xigantes serran un tronco de madeira, estamos na carpintería. Logo un  ourizo, coellos, árbores cheas de vida, pero en madeira.

Nadal enxebre da Veiga (80)

Ao final da rúa nun marco pódese ler o nome de todos os que colaboraron na estampa de nadal na que contemplamos: o afiador, unha árbore de nadal feita de corcho —a arbore dos borrachos, di un dos que colaborou na feitura, xa que houbo que beber moito viño para realizalo—, un nacemento dentro dun cubeto, un elfo xogando ao dominó pero, mellor velo.

Nadal enxebre da Veiga (1)

Subindo pola rúa Nova atopamos árbores de nadal, un cercado de ovellas co seu pastor e até a terraza do bar feita con troncos. Pasamos a oficina de información para chegar ao barrio da Pateira onde a imaxinación chega ao grado máximo, é unha loucura!

Nadal enxebre da Veiga (17)

Toleamos ó ver as pitas cos ovos, o ferreiro, as lavandeiras, o zapateiro , o cesteiro. Por haber até hai ras e caracois, carneiros e ovellas, mouchos... Un delirio para a vista!

Podía seguir escribindo o que vin pero mellor, por que non vives ti a experiencia do Nadal Enxebre da Veiga?

No seguinte vídeo podes percorrer con o Nadal Enxebre.

 

«Teño a sorte de ter un pobo que cre no que fai»

Falamos con Juan Anta ao pé do concello onde unha morea de veciños empregábanse a fondo para rematar cos traballos do Nadal Enxebre.

«O bon ca xente cree nos proxectos, colabora, intenta que sexa un nadal enxebre de «todos», están orgullosos do que fan», dicía Juan Anta, alcalde da Veiga. « Sen a entrega da xente que é a protagonista de todo, isto non se podería facer. Eles son os que cren nos proxectos, os que os fan grandes os que lle dedican un montón de horas, son os que teñen todo o mérito», subliñaba o alcalde, orgulloso dos seus veciños.

Nadal enxebre da Veiga (13)

«Teño a sorte de ter un pobo que cree nas cousas que fan, xente que cree no colectivo, que cree que entre todos se pode facer e o importante son eles. Eu podo facer cousas, liderar cousas, pero se non tiveramos a xente detrás e non creran, isto non sería imposible», recalca de novo.

No seguinte vídeo podes ver e escoitar a conversa que mantivemos con Juan Anta:

 

Fotografía: Paz L. Vega

«Sen a entrega da xente que é a protagonista, isto non se podería facer»