«O Concello da Veiga, en Pleno Extraordinario Urxente, celebrado as 13.00 horas do día 12 de agosto de 2023, como testemuña da dor do municipio da Veiga e en sinal de condolencia coa familia, amizades, veciñanza de todo o concello, especialmente ao pobo de Seoane e todas persoas achegadas ao mozo falecido, Sergio González Álvarez. acorda declarar dous días de loito oficial no Concello da Veiga».
Desde as 13.00 horas do día 12 de agosto de 2023 ata as 13.00 horas do día 14 de agosto de 2023, as bandeiras nacional e autonómica ondearán na Casa do Concello e demais edificios públicos a media hasta. Polo tanto cancélase a VII Ruta de Pinchos que estaba prevista para hoxe sábado, na capitalidade do concello así como os actos festivos no lugar de Seoane, de onde era o mozo falecido.
Suspéndese así mesmo os actos festivos organizados polo Concello da Veiga durante os días 12 e 13 de agosto de 2023 en sinal de respecto e condolencia polo tráxico suceso. No comunicado enviado aos medios subliñase: «Agradecer o pésame recibido por este Concello da Veiga, dende a Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Concellos e resto de institucións públicas, pésame que se traslada a familia e achegados de Sergio González Álvarez».
De momento descoñécense as causas do falecemento aunque todo apunta a un fallo dalgún órgano, pois como apunta a autoridade local o mozo era deportista e ademáis ninguen se decatou do acontecido, a pesar de «estar a praia chea de xente e haber un socorrista».