
O Tempo de Lecer regresa o Concello da Rúa un ano máis. As inscricións xa están abertas e poderase aplicar ata o 10 de xuño. En todo caso, toda a información está na sede electrónica do concello, na web e nas redes sociais. A maiores, a alcaldesa María González Albert asegura que esta é unha boa iniciativa para «conciliar a vida familiar nun período que está fóra do escolar». De feito, está organizada nos meses de xuño e agosto.
A título municipal, a alcaldesa aproveita para lembrar que esta fin de semana, 1 e 2 de xuño, porase fin a programación cinematográfica deste período. Culminará coa película de Garfield —ámbolos días ás 17:00—. O 1 de xuño ás 20:00 e 22:30, domingo ás 20:00 e luns ás 21:30 proxectarase o filme Especialista.
Sumado a estas dúas pezas estará, de novo, o documental Peña Imperio. «Teñen unha nova oportunidade para velo este domingo 2 de xuño», resalta a alcaldesa.
Fóra do organizado polo propio concello, está o VII Campus de Fútbol do Club Deportivo da Rúa. «Anunciaron que teñen moitas actividades complementarias», asegura Albert.
Esta iniciativa está dividida en tres datas no mes de xullo. A primeira será a semana o un ao cinco, a segunda do oito ata o 12 e, para rematar, do 15 ao 19. Iso si, todas as xornadas serán de luns a venres en horario de 9:30 a 14:00.