martes. 25.06.2024
somoscomarca_fontei_sanantonio_202320231309 (3)

Con motivo do Día das Letras Galegas dende o equipo de goberno rués propuxeron diferentes actividades durante toda a fin de semana —do 17 ata o 19 de maio—. Para poder seguir homenaxeando a figura de Luísa Villalta dende o concello teñen preparada unha serie de iniciativas a maiores durante o resto do ano. 

«A intención e que estas propostas vinculadas as Letras Galegas non rematen con esa semana. Iremos programando diferentes actos vinculadas a figura de Luísa Villalta», explica María G. Albert, alcaldesa da Rúa. Algunhas das iniciativas que comenta Albert son o «visionado de distintos documentais, presentacións de libros e discos».  Non desvela moito máis que isto, xa que está «pensado para a época outonal»

Esta decisión está foi tomada porque «agora estamos ás portas da festa do San Antón». A propia alcaldesa define esta festividade como a que «abre o período festivo do verán na Rúa». A pesar de que o concello non é o encargado de organizala, «colaboramos cunha pequena subvención a comisión de festas de Fontei, que son os que se encargan de toda a programación». 

Cabe destacar que cada ano o festivo local vai rotando, unhas veces coincide no día de San Roque e outros en San Antón —este ano é a quen lle corresponde—. Con este aliciente, «cónstame que as actividades se van desenvolver ao longo de moitos días, pero xa digo que non é unha iniciativa municipal», conclúe a alcaldesa. 

O Concello da Rúa segue apostando pola cultura