jueves. 12.06.2025

Soul & Roll pon fin os concertos de 2019 no Bravo Lux da Rúa

Co dueto ourensá formado por Miguel Araujo á guitarra e a televisiva Tamara Pérez á voz, o Bravo Lux da Rúa dille adeus a programación de concertos

O sábado 28 de decembro, o Bravo Lux da Rúa remata a programación de concertos 2019. A xerencia convida a unha nova festa da música dos 80-90 da man de Soul & Roll, un dueto formado por Miguel Araujo á guitarra e a televisiva Tamara Pérez á voz. A partir da medianoite e adentrados na madrugada do 29 ofrecerán unha velada para gozar e bailar mentras sonan de fondo «eses temas que tantos recordos nos traen».

«Soul & Roll propón un espectáculo musical acústico innovador que marca a diferenza co seu repertorio do máis completo e variado cuns arranxos musicais-vocais adaptados e traballados ao detalle, unha voz, coros vocais, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un "Loop Station" que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en vivo e riguroso directo», aseguran desde a xerencia do Bravo Lux.



«O repertorio está coidadosamente escollido segundo para que tipo de evento e tipo de público, así como unha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de grandes artistas como Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, A Guardia, Siniestro Total, Los Secredos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska... e tamén dos anos 90 e actualidade como Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná», engaden.

Ademais deste repertorio en español, Soul & Roll tamén propón unha escolma de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheerane moitos máis que poden aparecer durante o concerto.

Foron moitos os concertos ofrecidos este ano na sala da Rúa, rememorar o de Jarps, en marzo; Carlos Bau en las fiesta de A Vendima o los más recientes de este mes de diciembre como Doc Magoos, Clon Bois, La Mosca Valiente o Dani Barreiro & Triends. Ahora ya sólo queda despedir el año en Bravo Lux de A Rúa donde aseguran habrá multitud de sorpresas y regalos.

Soul & Roll pon fin os concertos de 2019 no Bravo Lux da Rúa