viernes. 19.04.2024

Os alcaldes de A Rúa, Petín e A Veiga, María Albert, Miguel Bautista y Juan Anta, respetivamente, participaron onte  nas xornadas realizadas pola Diputación Provincial para poñer en marcha a administración electrónica.

A Deputación de Ourense presentou un novidoso sistema integral de xestión electrónica de procedementos administrativos. Este proxecto, dirixido a concellos de menos de 20.000 habitantes, mancomunidades, consorcios provinciais, “é un novo servizo que poñemos a disposición destes entes da provincia de Ourense, sempre coa máxima da cooperación e da innovación, apostando por un goberno aberto, pola redución do gasto público, e pola excelencia e a eficiencia na xestión”, explicou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar

Desta maneira, a Deputación de Ourense sitúase na vangarda sendo a primeira en implantar o voto telemático nos plenos.

Manuel Baltar dixo que esta ferramenta tecnolóxica “permitirá realizar a tramitación integral dos procedementos administrativos”, co obxectivo de ir cara ao “papel cero” no que atinxe aos trámites da administración local na provincia de Ourense”. Para este proxecto de cooperación cos concellos -por medio do cal o goberno provincial persegue a completa instalación da administración electrónica na provincia de Ourense- a Deputación , co-financiará a adquisición da licenza de uso da plataforma electrónica TAO 2.0. Baltar explicou que se establecen unha serie de tramos por número de poboación entre os concellos da provincia

O presidente provincial agradeceu a presenza no acto dos representantes municipais, “pois entre todos contribuímos a facer máis na nosa provincia ao servizos dos cidadáns”.

No acto de hoxe tamén participaron o representante de  T-Systems, Alejandro Crespo, e o secretario da Deputación, Francisco Cacharro, quen explicaron os aspectos técnicos do programa. Cacharro dixo que hai “tres elementos que permiten pasar do papel á tramitación electrónica: crear unha ferramenta tecnolóxica que dea soporte, formar ao persoal nesta materia, e contar cunha ordenanza municipal en administración electrónica.

Alejandro Crespo explicou que este sistema “pretende aglutinar todos os procesos para conseguir un expediente electrónico 100% e a eliminación total do papel. Para elo, fixamos unha xestión electrónica dos procesos dos expedientes, do ciclo de vida dos mesmos e da vida útil dos documentos para que calquera sexa reutilizable”.

A Rúa, Petín y A Veiga nas xornadas para imprantar a administración electrónica