domingo. 01.06.2025

O Concello da Rúa a espera dunha confirmación «oficial» para licitar a obra do centro de saúde

Despois de cinco anos volverase a cobrar as taxas os negocios que usen espazos públicos
somoscomarca_centrodesalud_centrosaludnuevo_24036727
O Concello da Rúa a espera dunha confirmación «oficial» para licitar a obra do centro de saúde

A Rúa leva reclamando un novo centro de saúde que cubra as demandas da poboación máis de 20 anos. E aínda que nos últimos anos fóronse dando pasos para resolver a situación, parece que o novo edificio nunca chega a pesar de contar xa con solar e urbanización na zona. «A Xunta a través do Sergas, deixou morrer unha solicitude de licencia que tiñan feita en período pre-electoral», asegura María G. Albert, alcaldesa do municipio.

Nesta ocasión, explica que soubo por un «medio de comunicación que a Xunta informa, non sei se de maneira oficial ou extraoficial, de que pretenden licitar o centro de saúde no mes de maio». Dende o equipo de goberno esperan que este sexa «o anuncio definitivo e, ademais, que sexa unha realidade». A pesar de isto, «non temos ningunha comunicación». 

Por outra banda, «durante cinco anos non se pasou o cobro das taxas de terrazas». Entón, a finais desta semana «sairá unha comunicación, non solo a hostalaría tamén a outro tipo de negocios que usen espazos públicos». O que se pretende con isto é que «declaren a zona que utilizan e o mes que vén pasar o cobro das taxas». 

O Concello da Rúa a espera dunha confirmación «oficial» para licitar a obra do centro...