
O proxecto "Tempo de Lecer" regresa o Concello da Rúa un ano máis. Esta é unha iniciativa pretende axudar a conciliación familiar no período de vacacións dos máis pequenos. «Trátase dunha actividade necesaria para os rapaces, pero tamén para as familias», afirma a alcaldesa do municipio, María González Albert. De feito, asegura que ten «moita demanda».
Como en anteriores anos, nas listas provisionais hai máis xente anotada no mes de xullo que en agosto, «pero nas catro quincenas que temos, hai lista de agarda». Aínda que, «por norma creo que a xente empadroada entrará por puntuación».
Hai un total de máis de 20 nenos na lista de espera para o mes de xuño. No caso de agosto a cantidade vese un pouco rebaixada, sería duns 10 rapaces.
En todo caso, as listaxes xa están publicadas para que aquelas persoas que precisen facer alegacións poidan presentalas. Hai un total de 10 días hábiles de exposición pública, entón «creo que rematará o xoves de finais de mes para comezar o luns».